A Universidade Aberta (UAb) é a única institución pública portuguesa de ensino superior a distancia, fundada en 1988 e con sede central en Lisboa. Pola súa vocación e natureza, a UAb utiliza, nas súas actividades de ensino, metodoloxías e tecnoloxías en liña orientadas cara a unha educación sen fronteiras xeográficas nin barreiras físicas, atendendo especialmente á expansión da lingua e da cultura portuguesas no espazo da lusofonía.
Así, a UAb ofrece, en calquera lugar do mundo, formación superior (licenciaturas, mestrados e doutoramentos), así como cursos de formación permanente. Toda a súa oferta pedagóxica insírese no marco do Proceso de Boloña e impártese nun réxime en liña.
Desde 2011 conta cunha sede para Galiza localizada na vila de Rianxo, sendo a primeira que a Universidade abre fóra de Portugal. Ata esa data a UAb apenas tiña un local de exames non permanente nas dependencias do Instituto Camões de Vigo.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Universidade UNED
Ligazóns externas Páxina oficial da Universidade Aberta
Aberta Categoría:Universidades a distancia Categoría:Lisboa