miniatura|Fritz Lang 1969. Friedrich Christian Anton Lang, máis coñecido coma Fritz Lang, nado en Viena o 5 de decembro de 1890 e finado nos Ánxeles o 2 de agosto de 1976, foi un director de cine austríaco que traballou en Alemaña e Estados Unidos.

Traxectoria Dificilmente clasificable, as súas películas abrangueron dende o Film Noir, o western ou o cine de espías ata o cine bélico, o aventureiro ou o melodramático. Porén, cómpre salientar a súa época alemá, con filmes como o máximo expoñente do expresionismo cinematográfico, a visionaria Metropolis (1927), ou Der Testament des Dr. Mabuse (1933; O testamento do Dr. Mabuse, en tradución literal ao galego). Da súa xeira americana pódense destacar Só se vive unha vez (1936) e Os subornados (1953).

En 1933 recibiu a proposta de Joseph Goebbels de se facer cargo dos estudos alemáns de cine UFA, pero Lang, contrario ao nazismo, fuxiu cara a Francia esa mesma noite, chegando aos Estados Unidos o ano seguinte.

Filmografía A filmografía de Lang podémola clasificar en función do país de rodaxe. De 1919, data da súa primeira película como director, ata 1933 filmou en Alemaña. En 1934 rodou un filme en Francia, para logo realizar as súas películas nos Estados Unidos de 1936 a 1956. En 1959 e 1960 dirixiu tres producións en Alemaña, para logo rodar a súa derradeira película en Francia en 1964.

1919: Halbblut 1919: Der Herr der Liebe 1919: Die Spinnen 1919: Harakiri 1920: Das wandernde Bild 1921: Kämpfende Herzen (tamén: Die Vier um die Frau) 1921: Der müde Tod 1922: Dr. Mabuse, der Spieler, 1ª parte: Der große Spieler – Ein Bild unserer Zeit 1922: Dr. Mabuse, der Spieler, 2ª parte: Inferno – Ein Spiel von Menschen unserer Zeit 1924: Die Nibelungen 1ª parte: Siegfried 1924: Die Nibelungen 2ª parte: Kriemhilds Rache 1927: Metropolis 1928: Spione 1929: Frau im Mond 1931: M – Eine Stadt sucht einen Mörder 1933: Das Testament des Dr. Mabuse 1934: Liliom 1936: Fury 1937: Só se vive unha vez 1938: You and Me 1940: The Return of Frank James 1941: Western Union 1941: Man Hunt 1943: Hangmen Also Die! 1944: Ministry of Fear 1944: A muller do cadro 1945: Perversidade 1946: Cloak and Dagger 1948: Segredo tras a porta 1949: House by the River 1950: American Guerilla in the Philippines 1952: Encubridora 1952: Clash by Night 1953: The Blue Gardenia 1953: Os subornados 1954: Desexos humanos 1955: Os contrabandistas de Moonfleet 1955: While the City Sleeps 1956: Beyond a Reasonable Doubt 1959: Der Tiger von Eschnapur 1959: Das indische Grabmal 1960: Os crimes do doutor Mabuse 1964: Le mépris

Véxase tamén Bibliografía Grandes directores. Fritz Lang (2009). G.E. On-Off S.L. DVD adquirido con Xornal de Galicia.

Categoría:Directores de cinema de Austria Categoría:Paseo da Fama de Hollywood Categoría:Nados en 1890 Categoría:Finados en 1976 Categoría:Alumnos da Universidade Técnica de Viena Categoría:Nados en Viena