Juan Moreno Jordán, nado en Valencia o 12 de outubro de 1957, é un exfutbolista español. Xogaba de centrocampista e destacou principalmente no Castilla CF e no Deportivo da Coruña.

Traxectoria Fillo do histórico gardameta do Ontinyent, Juan Moreno Moreno, tanto el como o seu irmán máis novo Antonio comezaron as súas carreiras nese mesmo club, co que Juan disputou as tempadas 1975/76 e 1976/77 da Terceira División. Ao ano seguinte marchou para Madrid, fichando polo Castilla CF, filial do Real Madrid. Xogou catro tempadas no filial branco, debutando nun partido contra o Bilbao Athletic no Santiago Bernabéu. No seu primeiro ano logrou o ascenso á Segunda División, e na tempada 1978/79 debutou na categoría de prata nun encontro fronte ao Granada no estadio Los Cármenes. Xogou un total de 107 partidos co Castilla, nos que anotou 10 goles.

Na tempada 1981/82 foi contratado polo Deportivo da Coruña, tamén de Segunda División. No club galego tivo un papel principal no cadro titular, xogando un total de 204 partidos durante os seus cinco anos de estadía na Coruña, chegando a xogar ata 51 encontros nunha soa tempada, a 1981/82. Algúns dos seus compañeiros no centro do campo foron José Luis Vara, Agustín Peralta, Fernando Muñoz, José María Cano ou Jaime Agulló.

Deixou o Deportivo en 1987 e regresou á Comunidade Valenciana, onde xogou catro anos máis en equipos da Segunda B: Alzira, Gandía e Olímpic.

Trala súa retirada como futbolista adestrou en tres etapas ao Ontinyent.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en BDFutbol . Datos do xogador en ceroacero.es .

Categoría:Nados en Valencia Categoría:Nados en 1957 Categoría:Futbolistas da Comunidade Valenciana Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Ontinyent CF Categoría:Xogadores do Real Madrid Castilla Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do UD Alzira Categoría:Xogadores do CF Gandía Categoría:Xogadores do CD Olímpic de Xàtiva Categoría:Adestradores de fútbol de España Categoría:Adestradores do Ontinyent CF