Prudencio Landín Tobío, nado en Pontevedra o 6 de marzo de 1877 e finado na mesma cidade o 18 de maio de 1955, foi un avogado, político, xornalista e escritor galego.

Traxectoria Fillo de Andrés Landín (un "riestrista" e "monterista" moi destacado) e Dolores Tobío, estudou o bacharelato no Instituto de Pontevedra. Dirixiu o periódico estudantil El Escolar (1891) e fundou e dirixiu as revistas Pontevedra en Broma e El Impertinente. Licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e estableceuse con bufete propio en Pontevedra. En 1910, logo da morte do seu pai, substituíuno á fronte do Diario de Pontevedra. Foi profesor e director da Escola Normal.

Entrou en contacto con José Canalejas militando na súa facción liberal-demócrata a comezos do século XX. Como canalejista, vinculouse ao agrarismo e serviu como avogado ao Directorio Antiforista de Teis, salientando como orador nas concentracións agrarias. Pero a súa carreira política truncouse debido aos cambios de rumbo ideolóxico: foi liberal pero estivo ao servizo de Canalejas, Eugenio Montero Ríos, José Riestra López ou Manuel García Prieto. Na ditadura de Primo de Rivera formou parte da Unión Patriótica. Na II República foi o principal representante do Partido Agrario Español en Galicia. Na posguerra foi cronista de Pontevedra. miniatura|esquerda|La paternidad de La Casa de la Troya. Obras La parternidad de La casa de la Troya ante los tribunales de justicia, 1925. De mi viejo carnet, 1952. miniatura|Lápida no Cemiterio de Santo Amaro. Vida persoal Casou con Gloria Carrasco Calderón, e dous dos seus fillos (Rafael e Prudencio Landín Carrasco) foron gobernadores civís no franquismo. Outro dos seus fillos, Amancio Landín Carrasco, destacou como xornalista e escritor.

Véxase tamén

Bibliografía

Gran Enciclopedia Gallega Silverio Cañada, artigo LANDÍN, Prudencio.

Categoría:Políticos de Galicia Categoría:Xornalistas de Pontevedra Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1877 Categoría:Finados en 1955 Categoría:Cronistas de Pontevedra