Manel Fuentes Muixí, nado en Barcelona o 14 de xaneiro de 1971, é un xornalista catalán que desenvolveu a súa traxectoria profesional, esencialmente, como presentador de radio e televisión, tanto no ámbito catalán como a nivel estatal. Até finais de xullo de 2009 presentou o espazo Problemes domèstics de RAC1. Dende o mes de setembro dese mesmo ano ocupou a dirección e exerceu como presentador de El matí de Catalunya Ràdio; o 7 de xullo de 2013 anunciou a súa marchaEl moment de deixar-ho, El Periódico de Catalunya ..
Carreira televisiva Crónicas marcianas (1997-2001), de Telecinco. La noche... con Fuentes y cía (2001-2005), de Telecinco. Caiga quien caiga (2005-2008), de Telecinco. Desafío bajo cero (2006) Premios TP de Ouro (2009), de LaSexta, con Eva González. Malas compañías (2009), de LaSexta. Tu cara me suena (2011-presente), de Antena 3. Menuda Noche (2012) (como convidado, de Canal Sur TV. El número uno (2013) (Substitución no segundo programa), de Antena 3. Premis Goya, 28ª edición (2014) (Presentador), de La 1.
Filmografía Cinema 2001: Torrente 2: Misión en Marbella 2003: Buscant en Nemo (voz) 2003: O Cid, a lenda (voz de Rodrigo Díaz de Vivar, "El Cid") 2011: Floquet de neu (voz de Ailur)
Series de televisión 2001: 7 vidas
Obra literaria Problemes Domèstics. Per què no dominem el món? (2008). Editorial Columna.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Web dedicada á figura de Manel Fuentes Problemes domèstics de Catalunya Ràdio Perfil de Manel Fuentes a IMDb
Categoría:Presentadores de televisión de Cataluña Categoría:Xornalistas radiofónicos de España Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados en 1971