Juan Carlos Lema BalsasAínda que en "Me abandonaron recién nacido y los salesianos fueron mis padres" aparece citado como Lama Basas, as demais fontes consultables sinalan Lema Balsas. Lama é un apelido do sur de Ourense, mentres que só hai un Basas en Galicia, en Vigo; porén, tanto Lema como Balsas son apelidos comúns e específicos (Cartografía dos apelidos de Galicia ) da zona da Costa da Morte (Camariñas), de onde provén este home. comunmente coñecido coma Zapatones, supostamente nado na Ponte do Porto, Camariñas en 1954 e finado o 15 de maio de 2015 en Pontevedra, foi unha personalidade do espectáculo de Galicia, famoso pola súa presenza continuada na Praza do Obradoiro caracterizado coma peregrino .

Traxectoria miniatura|333px De pais descoñecidos, Juan Carlos Lema foi abandonado cando era un bebé. Levárono á Casa Berce da Coruña, das Irmás da Caridade, onde estivo ata os seis anos. A continuación pasou ao Colexio Salesiano desa cidade, e posteriormente ao localizado na parroquia de Castrelo, en Cambados. Así mesmo, estivo preso por furtos e por desacato durante o servizo militar.

En 1993, co gallo do Ano Xacobeo, comezou a traballar en Santiago de Compostela disfrazado de peregrino, de forma continuada, e facendo fotografías cos turistas, empregando sempre o mesmo disfrace e deixando medrar a barba. Desempeñou este oficio durante practicamente dúas décadas, ata 2011. En decembro dese ano, este veciño do barrio de Sar foi desafiuzado da súa casa e ingresou nun centro de rehabilitación para tratar os seus problemas de alcoholismoZapatones ingresará voluntariamente en un centro asistencial cerca de Santiago, artigo de Nacho Mirás, La Voz de Galicia, 13/12/11..

O personaxe de Zapatones Sobre a súa fixación por Santiago de Compostela, orixinouse mentres traballaba de camareiro nun restaurante de Cambados:

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Lorenzo, María José (2024). Zapatones, el peregrino eterno. Literatura Abierta.

Categoría:Actores de Camariñas Categoría:Nados en Camariñas Categoría:Camiño de Santiago Categoría:Nados en 1954 Categoría:Finados en 2015