De magnete, magneticisque corporibus, et de magno magnete tellure (Sobre os imáns, os corpos magnéticos e o gran imán terrestre), máis coñecido como De magnete, é un traballo científico realizado en 1600 polo médico, físico e científico inglés William Gilbert.
Neste traballo Gilbert describe varias das súas experiencias co seu modelo da Terra denominado terrella. A partir dos experimentos chegou á conclusión de que a Terra era magnética e que este era o motivo polo cal os compáses apuntaban ao norte (naquel momento pensábase que a Estrela Polar ou unha grande illa magnética situada no polo norte atraía a agulla do compás). En De magnete tamén publicou os seus estudos sobre a electricidade estática producida polo ámbar. O ámbar en grego denomínase elektron e electrum en latín, por iso Gilbert referiuse ao fenómeno co adxectivo electricus e o nome electricitas, que darían paso aos termos modernos eléctrico e electricidade.
De magnete tivo grande influencia, non tan só polo interese inherente ao tema que trataba, senón polo rigor co que Gilbert describiu os seus experimentos e as súas obxeccións ás antigas teorías sobre o magnetismo. Gilbert recoñeceu o legado científico dos traballos de Pierre de Maricourt e incorporou os experimentos deste científico francés do século XIII ao seu tratado.Jean Gimpel, The Medieval Machine: The Industrial Revolution of the Middle Ages (New York, Penguin, 1976), páx. 194 A pesar de que o seu pensamento foi fortemente influenciado polo misticismo da súa época, Gilbert foi un dos pioneiros da física experimental, atendendo que realizar estudos e experimentos que puidesen atentar contra a doutrina da Igrexa Católica era perigoso e arriscado (o mesmo ano que se publicou De magnete, Giordano Bruno foi queimado no Campo de' Fiori de Roma pola Inquisición).
De magnete: volumes De magnete está formado por seis volumes.
Procura histórica do magnetismo e teoría do magnetismo da Terra. Distinción entre electricidade e magnetismo. Argumento contra o movemento perpetuo. Experimentos coa "terrella". Declinación magnética (variación do norte magnético coa posición). Inclinación magnética e deseño dun clinómetro (inclinómetro) magnético. Teoría magnética do movemento estelar e terrestre. Precesión do equinoccio.
Edicións De Magnete, Peter Short, Londres, 1600 (orixinal en latín) De magnete, Stettin (Prusia na época) actualmente Szczecin (Polonia), 1628 e 1633 De magnete, Facsímile da versión orixinal de 1600, Berlín 1892 De magnete, Tradución inglesa de Paul Fleury Mottelay, 1893 De magnete, Tradución inglesa de Silvanus P Thompson, Chiswick Press, 1900 De magnete, Facsímile da tradución de Thompson, Basic Books, Nova York, 1958 De magnete, Facsímile da tradución de Mottelay, Dover Books, 1991, ISBN 0-486-26761-X
Notas
Revista de Stuart Malin e David Barraclough Cambridge Scientific Minds, capítulo sobre Gilbert (PDF) - Obra impresa dispoñible: ISBN 0-521-78100-0 (tapa dura), ISBN 0-521-78612-6 (rústica) On the Magnet by William Gilbert Sobre "De magnete" e William Gilbert, en Revista Ñ, Diario Clarín
Véxase tamén Outros artigos Electricidade Historia da electricidade
Categoría:Obras literarias en latín Categoría:Historia da electricidade Categoría:Ensaio Categoría:Obras literarias de 1600 Categoría:Libros de física