Borja Prieto ValeraPortada, Web persoal., nado nas Pontes o 10 de outubro de 1982, é un piragüista galego.

Traxectoria Comezou a practicar o piragüismo no club local, o Xuvenil Endesa, onde conseguiu diversos éxitos de categorías xuvenís tanto a nivel galego como español. A súa primeira competición internacional tivo lugar no ano 2000, onde debuta no campionato de Europa júnior. Prieto proclamouse campión de Europa sub23 en 2004 en K2 (canda Saúl Craviotto), e posteriormente representou a España en varios campionatos europeos e mundiais e nos Xogos do Mediterráneo de Almería e de Pescara.

En 2009 comeza a adestrar o K4 1000m, co obxectivo de cualificar o equipo español para os Xogos de LondresLos gallegos Rodríguez Germade y Borja Prieto se acercan a Londres 2012 , El Correo Gallego, 10/4/2011.. En 2010 abandona o club pontés e ficha polo Piraguamadrid da capital española.

Palmarés Campión de Europa sub23 de K2 500 m (2004) Bronce no campionato de Europa absoluto en relevos 2009 4º no campionato mundial de Darmouth (2009), en K4 200m 10 veces campión galego (ata 2010) 9 veces campión de España (ata 2010)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial do deportista (desactualizada).

Categoría:Piragüistas de Galicia Categoría:Nados nas Pontes de García Rodríguez Categoría:Nados en 1982 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes