Paul J. Hopper, nado o 23 de outubro de 1939, é un lingüista británico que traballa sobre diversos aspectos da indoeuropeística e da relación entre a gramática e o discurso.

Traxectoria En 1973, propuxo a teoría glotálica que busca a reconstrución do sistema consonántico protoindoeuropeo, en paralelo co lingüista xeorxiano Tamaz Gamkrelidze e o ruso Vyacheslav V. Ivanov. Posteriormente tamén se fixo coñecido pola súa teoría da gramática emerxente (Hopper 1987), polas súas contribucións á teoría da gramaticalización e outras obras que tratan da relación entre gramática e uso.

Traballa na Carnegie Mellon University en Pittsburgh, Estados Unidos.

Véxase tamén Bibliografía

(Dispoñíbel en archive.org - ).

Outros artigos Teoría glotálica

Ligazóns externas

Categoría:Lingüistas do Reino Unido Categoría:Indoeuropeístas Categoría:Nados en 1939