O Gran Premio de Portugal (Grande Premio de Portugal) foi unha carreira automovilistica que se celebraba fai varios anos, sobre todo na década de 1950 e logo na década de 1980 e 90. Foi unha carreira de Fórmula Un entre e e entre e . Volveu en como consecuencia da modificación do calendario a causa da Pandemia por coronavirus de 2019-2020. Mudando a súa localización de Lisboa ao Algarve.

Historia

A primeira carreira levouse a cabo no circuíto urbano de Boavista de Porto o 17 de xuño de 1951, como unha carreira de prototipos. O Gran Premio foi trasladado a Monsanto Park, en Lisboa, en 1954, como un feito illado. A primeira carreira de Fórmula Un levouse a cabo o 14 de agosto de 1958 en Boavista, seguida en 1959 polo Gran Premio de Monsanto. Volveu a Boavista en 1960, logo do cal se terminou.

O nome resucitouse para unha carreira de coches deportivos de velocidade no circuíto urbano de Cascais en 1964. Os dous anos seguintes, foi unha carreira de Fórmula Tres.

As bases para o regreso do Gran Premio de Portugal plantáronse coa inauguración do Autódromo do Estoril en 1972. O Gran Premio de Estoril levouse a cabo como unha carreira do Campionato de Europa de Fórmula Dúas durante a década de 1970. O 21 de outubro de regresou a Portugal o calendario de F1, onde Alain Prost gañou a carreira pero non puido gañar o campionato por medio punto. En , o Gran Premio trasladouse ao 21 de abril e dispútase baixo unha intensa choiva, as condicións ideais para que Ayrton Senna gañase a súa primeira carreira. Desde , a carreira levouse a cabo no que se convertería na súa data tradicional, na penúltima semana de setembro.

Logo da morte de Senna e Roland Ratzenberger en Imola en , a pista de Estoril cambiouse, cunha nova chicane construída no lugar da curva "tanque", pasándose a chamar "chicane Gancho", como medida de seguridade. Estoril considerábase unha pista insegura e obsoleta, e o último Gran Premio de Portugal foi en Estoril o 22 de setembro de 1996, con Jacques Villeneuve como o gañador. Estoril foi planeado para ser a carreira final da tempada de , pero as melloras no circuíto non se terminaron a tempo, polo que foi substituído polo Gran Premio de Europa, que se celebrou en Xerez, España.

O 4 de abril de 2009 Max Mosley declarou que en base á calidade do circuíto do Autódromo Internacional do Algarve, o Gran Premio de Portugal podería ser integrado no campionato de Fórmula Un, a condición de lograr un acordo comercial coa Formula One Management.

A carreira volveu en como consecuencia da modificación do calendario a causa da Pandemia por coronavirus de 2019-2020. Mudando a súa localización de Lisboa ao Algarve.

Nome oficial

1958–1960, 1984–1991, 1993–1996: Grande Prémio de Portugal (sen patrocinador oficial) 1992: Grande Prémio SG Gigante de Portugal 2020-2021: Heineken Grande Prémio de Portugal

Os gañadores do Gran Premio de Portugal Gañadores múltiples (pilotos) Nº de vitorias Piloto Tempada 3 Alain Prost1984, 1987, 1988 Nigel Mansell 1986, 1990, 1992 2 Stirling Moss 1958, 1959 Lewis Hamilton 2020, 2021

Gañadores múltiples (construtores)

Os equipos en negra están competindo no campionato de Fórmula Un na tempada actual. O fondo de cor rosa indica que unha carreira non forma parte do Campionato do Mundo de Fórmula Un.

Nº de vitorias Construtor Tempada 7 Ferrari 1951, 1952, 1953, 1954, 1964, 1989, 1990 6 Williams 1986, 1991, 1992, 1994, 1995, 1996 3 Cooper 1959, 1960, 1965 McLaren 1984, 1987, 1988 2 Maserati 1955, 1957 Mercedes 2020, 2021

Por tempada O fondo de cor rosa indica que unha carreira non forma parte do Campionato do Mundo de Fórmula Un.

Ano Piloto Construtor Circuíto Resultados Lewis Hamilton Mercedes Algarve Resultados Lewis Hamilton Mercedes Algarve Resultados 2019-1997 Non celebrado Jacques Villeneuve Williams-Renault Estoril Resultados David Coulthard Williams-Renault Estoril Resultados Damon Hill Williams-Renault Estoril Resultados Michael Schumacher Benetton-Ford Estoril Resultados Nigel Mansell Williams-Renault Estoril Resultados Riccardo Patrese Williams-Renault Estoril Resultados Nigel Mansell Ferrari Estoril Resultados Gerhard Berger Ferrari Estoril Resultados Alain Prost McLaren-Honda Estoril Resultados Alain Prost McLaren-TAG Estoril Resultados Nigel Mansell Williams-Honda Estoril Resultados Ayrton Senna Lotus-Renault Estoril Resultados Alain Prost McLaren-TAG Estoril Resultados 1983-1967 Non celebrado 1966 Jürg Dubler Brabham-Ford Cascais Resultados 1965 Rodney Banting Cooper-Ford Cascais Resultados 1964 Chris Kerrison Ferrari 250 GTO Cascais Resultados 1963-1961 Non celebrado Jack Brabham Cooper-Climax Boavista Resultados Stirling Moss Cooper-Climax Monsanto Resultados Stirling Moss Vanwall Boavista Resultados 1957 Juan Manuel Fangio Maserati 300S Monsanto Resultados 1956 Non celebrado 1955 Jean Behra Maserati 300S Boavista Resultados 1954 José Froilán González Ferrari 250 MM Berlinetta Monsanto Resultados 1953 Mané Nogueira Pinto Ferrari 250 MM Spyder Boavista Resultados 1952 Eugenio Castellotti Ferrari 225S Boavista Resultados 1951 Casimiro de Oliveira Ferrari 340 Boavista Resultados

Notas

Categoría:Grandes Premios de Fórmula 1 desaparecidos