O carallán (Phallus impudicus) Glosario micolóxico da Agrupación A Zarrota é un fungo moi común en Europa e América do Norte, recoñecible de forma doada cando está maduro polo seu mal cheiro e a súa forma fálica. Adoita habitar en chans ricos en restos vexetais, como bosques e xardíns con abundante vexetación. Aparece desde o verán até o final do outono. O corpo frutífero é longo e branco, cunha cabeza cónica, de tacto viscoso de cor verde escuro. Malia o seu mal cheiro, este fungo non é velenoso e na súa etapa xuvenil é consumido nalgúns lugares de Francia e Alemaña.
Taxonomía
En 1597, o botánico John Gerard, na súa Historia Xeral das PlantasGeneral Historie of Plants (1597) chamouno pricke mushroom ou fungus virilis penis effigie, e John Parkinson mostrábaa baixo o nome de ferramenta dos holandeses ou phallus hollandicus no seu Teatrum botanicum de 1640. Linneo foi o responsable do nome que actualmente se lle dá a esta especie. O seu epíteto específico, o termo en latín impudicus, significa "impúdico", "falto de vergoña".
Galería de imaxes
Notas
Categoría:Phallus Categoría:Fungos de Galicia Categoría:Fungos comestibles Categoría:Fungos descritos en 1753 Categoría:Taxons descritos por Linné