José Demetrio Salgueiro Rapa, nado en Lago (Xove) o 2 de xullo de 1971, é un político galego do PPdeG.
Traxectoria Licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela (1997). Foi axente de Emprego e Desenvolvemento Local no concello de Burela dende 1998. É axente de seguros.
É alcalde do concello de Xove dende 2007, cando gañou as eleccións por maioría absoluta encabezando a lista do PPdeG. En 2011 volveu ser elixido alcalde ampliando aínda máis a súa maioría.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Xove
Ligazóns externas Ficha en galegos.info
Categoría:Alcaldes de Xove Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Xove Categoría:Nados en 1971 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes