O Centro Espacial de Kourou oficialmente coñecido como Centre Spatial Guyanais o CSG é o lugar de lanzamento da Axencia Espacial Europea no territorio de ultramar da Güiana Francesa, moi preto de Kourou.
Historia En 1964 o goberno de Francia creouno como base espacial para lanzar satélites. Cando se fundou a Axencia Espacial Europea no ano 1975 Francia ofreceuse a compartir o porto espacial de Kourou coa ESA. A ESA mellorou as instalacións e preparounas para o foguete europeo Ariane.
Plataforma de lanzamento A súa situación a unha latitude de 5° 3', a uns 500 km do ecuador terrestre fai o lugar axeitado para lanzamentos espaciais, permitindo aproveitar a velocidade de rotación da Terra gañando pulo, aforrando combustible e cartos. 350px|miniatura|Plano do Centro Espacial kouru|centro O centro ten tres zonas de lanzamento.
ELA 1 Foi plataforma de lanzamento do foguete Ariane, usada para os modelos Ariane 1, Ariane 2 e Ariane 3 os cales foron retirados do servizo en 1989. Volveu utilizarse para o lanzamento do foguete Vega que iniciou a súa primeira engalaxe o 13 de febreiro de 2012.
ELA 2 Foi usado para lanzar Ariane 4 ata o ano 2004.
ELA 3 Desde 1996 úsase para o lanzamento de Ariane 5.
Ensemble de Lancement Soiouz (ELS) no Centre Spatial Guyanais (CSG) Plataforma de lanzamento do foguete fabricado por Rusia Soiuz. A plataforma é case idéntica a doutros sitios como Baikonur en Kazakhstán e Plesetsk en Rusia e capaz de poñer 3 toneladas en órbita xeoestacionaria no Centro espacial de Kourou comparadas 1,7 toneladas do Cosmódromo de Baikonur. O seu primeiro lanzamento puxo en orbita os dous primeiros satélites do europeo Sistema de Navegación por Satélite Galileo o 21 de novembro de 2011 ESA, 20 de setembro de 2011. http://www.esa.int/esaMI/Launchers_Access_to_Space/SEM6JRS4LZE_0.html, 21 outubro de 2011
Notas
Véxase tamén Outros artigos Axencia Espacial Europea. Ariane.
Ligazóns externas ESA .
Categoría:Astronáutica Categoría:Axencia Espacial Europea