O Gran Premio de México é unha carreira de Fórmula Un, celebrada no Autódromo Hermanos Rodríguez da Cidade de México. Apareceu por primeira vez como unha carreira fóra de campionato en , antes de celebrarse como unha carreira de campionato de ata de a , de a , .
Primeiras carreiras
O Gran Premio de México celebrouse por primeira vez o 4 de novembro de 1962 no circuíto Magdalena Mixhuca. O circuíto foi a primeira pista de carreiras internacional de México e estaba construído dentro dun parque na capital Cidade de México. A carreira sempre proporcionou desafíos raros nas carreiras debido a súa grande altitude e a unha curva peraltada moi rápida e en lixeira pendente na que terminaba a primeira volta, ademais era unha pista chea de fochancas.
A primeira carreira, fóra de campionato, atraeu a unha importante participación internacional, foi gañada polo Team Lotus de Jim Clark, que tivo que coller o coche do seu compañeiro de equipo Trevor Taylor para conseguir a vitoria despois de que Clark vise a bandeira negra logo de recibir un empuxón para arrancar, nunha confusa saída da carreira. A carreira viuse empañada pola morte da nova estrela mexicana Ricardo Rodríguez, quen na súa adolescencia xa era piloto oficial de Ferrari. Rodríguez morreu a causa das feridas recibidas tras estrelarse co seu Lotus 24 do equipo Rob Walker na peraltada. O Campionato Mundial de Fórmula Un chegou ao ano seguinte con Clark gañando outra vez. A carreira continuou ata cando foi eliminada do calendario.
Retorno en 1980
A IndyCars estadounidense chegou cunha breve visita de dous anos en 1980 e 1981. A pista foi nomeada co nome dos dous irmans pilotos méxicanos falecidos nas pistas, Autódromo Hermanos Rodríguez. Cinco anos máis tarde a Fórmula 1 regresou á Cidade de México en , onde gañou a súa primeira carreira Gerhard Berger no seu Benetton B186. A carreira gozou de novo dunha breve presenza no calendario, a última carreira celebrouse en 1992 onde a parella de Williams, Nigel Mansell e Riccardo Patrese dominaron a carreira. Nese intre co circuíto moi deteriorado, o declive da propia cidade de México cun hacinamiento cada vez maior e os problemas de contaminación, viuse o final da Fórmula 1 en México.
Ausencia do calendario (1993-2014)
En 2002 produciuse o renacemento do Gran Premio de México para Champ Cars nunha versión moi modificada do circuíto Autódromo Hermanos Rodríguez, que incluíu o corte da peraltada pola metade. Disputouse seis anos que viron a Sébastien Bourdais gañar a metade das seis carreiras.
Xurdiron rumores por primeira vez en 2003 que dician que o Gran Premio de México volvería ao calendario da Fórmula Un no 2003. Nun novo circuíto de 70 $ millóns, chamado "Mantarraya", que se construirá preto de Cancún. En 2005, o gobernador do estado de Quintana Roo dixo con valentía que México tería un Gran Premio no calendario para .F1 News > Mexico announces race in October 2006 México anunciou a carreira en outubro de 2006 pero o plan fracasou.
Despois do Gran Premio dos Estados Unidos de 2006, Bernie Ecclestone anunciou que o Gran Premio de México volvería para a tempada da Fórmula 1, pero o plan tampoco chegou a bo fin.
Volta ao campionato (2015-presente)
En agosto de 2011, Carlos Slim Domit (Carlos Slim Domit) revelou plans para retomar a carreira. En agosto de 2013, suxeriuse por "fontes de alto nivel "Que o Gran Premio de México podería estar no calendario provisional do Campionato Mundial de .
O calendario preliminar para a tempada de , A principios de setembro de 2013, asignaron o 9 de novembro de 2014 como data para o Gran Premio de México, pero non especificaba un circuíto e sinalaba que o evento estaba "suxeito a confirmación". Con todo, o 5 de decembro de 2013, a FIA publicou o calendario oficial da tempada 2014, e o Gran Premio de México non estaba no calendario. Entón a FIA anunciou que o Gran Premio de México pospoñíase a debido á falta de tempo de preparación suficiente para mellorar o deteriorado circuíto Hermanos Rodríguez aos estándares de traballo da Fórmula 1. En xullo de 2014, Ecclestone confirmou que asinara un contrato por 5 anos para que a pista Hermanos Rodríguez fora o anfitrión do Gran Premio de México, a partir de .http://www.f1fanatic.co.uk/2014/07/22/five-year-mexican-grand-prix-deal-signed-report/ O 3 de decembro de 2014, a FIA publicou un calendario confirmado para 2015 fixando o Gran Premio de México de 2015 o 1 de novembro de 2015. O alemán Nico Rosberg gañou esta carreira no seu Mercedes. Mercedes repetiu vitoria no 2016.
O 14 de maio de 2019, a alcaldesa da Cidade de México Claudia Sheinbaum anunciou que sería o último ano para o Gran Premio de México porque a taxa de 400 millóns de MXN (20,865 millóns de USD) íase investir no Tren Maya. Estímase que a carreira xera MXN $8,400 millóns para a economía local. Non obstante, o 8 de agosto anunciouse que o Gran Premio de México permanecería no calendario ata , aínda que pasaría a chamarse "Gran Premio da Cidade de México".
A edición de 2020 estaba programada para o 1 de novembro co nome de "Gran Premio da Cidade de México", pero cancelouse o 24 de xullo por mor das restricións de viaxe en América (xunto con outras carreiras de América).
Nomes oficiais A diferenza doutras sedes, o Gran Premio de México nunca foi patrocinado desde a súa primeira carreira en 1962. Non obstante, tivo varios nomes:
1962, 1965–1966, 1969–1970, 1986–1992: Gran Premio de México 1963, 2015–2019: Gran Premio de México 1964: GP de México 1967–1968: Gran Premio México 2021-2023: Gran Premio de la Ciudad de México
Gañadores do Gran Premio de México
Gañadores múltiples (pilotos)
Os pilotos en letra grosa están competindo no campionato de Fórmula Un na actual tempada. Un fondo de cor rosa indica que unha carreira que non forma parte do Campionato do Mundo de Fórmula Un.
Gañados Piloto Anos 5 Max Verstappen 2017, 2018, 2021, 2022, 2023 3 Jim Clark 1962*, 1963, 1967 2 Alain Prost 1988, 1990 Nigel Mansell 1987, 1992 Lewis Hamilton 2016, 2019Fonte:
*Vitoria compartida con Trevor Taylor
Gañadores múltiples (construtores)
Equipos en letra grosa están competindo no campionato de Fórmula Un na actual tempada. O fondo de cor rosa indica que unha carreira non forma parte do Campionato do Mundo de Fórmula Un.
Gañados Construtor Anos 5 Red Bull 2017, 2018, 2021, 2022, 2023 4 Lotus 1962, 1963, 1967, 1968 McLaren 1969, 1988, 1989, 2025 3 Williams 1987, 1991, 1992 Mercedes 2015, 2016, 2019 Ferrari 1970, 1990, 2024
Por ano thumb|right|O circuíto "Autódromo Hermanos Rodríguez" renmozado por Hermann Tilke (2015 en adiante). thumb|right|O circuíto "Autódromo Hermanos Rodríguez" usado en 1986–1992. thumb|right|Ocircuíto orixinal utilizado en 1962–1970. Nota: O fondo rosa indica carreira non de campionato.
Ano Piloto Construtor Circuíto Resultados Lando Norris McLaren Hermanos Rodríguez Resultados Carlos Sainz Ferrari Resultados Max Verstappen Red Bull Racing-Honda RBPT Resultados Max Verstappen Red Bull–RBPT Resultados Max Verstappen Red Bull–Honda Resultados Non celebrado Lewis Hamilton Mercedes Hermanos Rodríguez Resultados Max Verstappen Red Bull–TAG Heuer Resultados Max Verstappen Red Bull–TAG Heuer Resultados Lewis Hamilton Mercedes Resultados Nico Rosberg Mercedes Resultados 2014–1993 Non celebrado Nigel Mansell Williams-Renault Hermanos Rodríguez Resultados Riccardo Patrese Williams-Renault Resultados Alain Prost Ferrari Resultados Ayrton Senna McLaren-Honda Resultados Alain Prost McLaren-Honda Resultados Nigel Mansell Williams-Honda Resultados Gerhard Berger Benetton-BMW Resultados 1985–1971 Non celebrado Jacky Ickx Ferrari Magdalena Mixhuca Resultados Denny Hulme McLaren-Ford Resultados Graham Hill Lotus-Ford Resultados Jim Clark Lotus-Ford Resultados John Surtees Cooper-Maserati Resultados Richie Ginther Honda Resultados Dan Gurney Brabham-Climax Resultados Jim Clark Lotus-Climax Resultados Trevor Taylor Jim Clark Lotus-Climax Magdalena Mixhuca Resultados
Notas
Categoría:Grandes Premios de Fórmula 1