Zackary James Baker, tamén coñecido como Zacky Vengeance nos escenarios, nado o 11 de decembro de 1981 en Olympia (Washington), é o guitarrista rítmico da banda estadounidense Avenged Sevenfold.

Biografía e vida persoal Zackary James Baker naceu o 11 de decembro de 1981 en Olympia (Washington), trasladándose despois a California. Os seus pais chámanse Jim e Maria Baker, ten un irmán chamado Matt e unha irmá chamada Zina. O 9 de xullo de 2011 casou con Gena Paulhus. Comezou a aprender a tocar a guitarra aos trece anos de maneira autodidacta e utilizando unha guitarra que lle regalaran os seus pais, que era para destros (sendo el zurdo). Estudou en Huntington Beach High School, onde coñeceu a M. Shadows co cal formaría o grupo de metal Avenged Sevenfold. Estando no instituto xogaba ao béisbol e quería ser xogador profesional, mais finalmente decidiuse pola música. Ten dous cans chamados Ichabod Vengeance e Majesty. Ten múltiples tatuaxes no seu corpo, destacando nas costas a palabra Vengeance e o número 7, e no pescozo "forever" como recordo do seu amigo falecido The Rev. Posúe unha liña de roupa chamada "Vengeance University". Os seus deseños caracterízanse por levar a marca VU e 6661. O número 6661 é o ano no que a banda (Avenged Sevenfold) foi formada (1999) dado a volta. O seu nome Zacky Vengeance é adicado como vinganza a tódalas persoas que nos comezos non confiaban nel e crían que non triunfaría. Foi o que tivo a idea da sigla "A7X" para Avenged Sevenfold.

Carreira musical Cando tiña 13 anos comezou a aprender a tocar a guitarra de maneira autodidacta, vendo ás súas bandas favoritas e lendo a revista Guitar World. Nun principio formou parte dunha banda de punk chamada "MPA" (Mad Porno Action), mais deuse conta de que non tería éxito e formou a banda de metal Avenged Sevenfold xunto a M. Shadows e The Rev aos cales coñecía do instituto de Huntington Beach. As súas influencias son Rancid, Misfits e Bad Religion; e entre as súas bandas favoritas están Metallica e Guns N' Roses. O 20 de abril de 2011 gañou o premio de Revolver Golden por Mellor Guitarrista xunto co seu compañeiro Synyster Gates.

Equipamento Está patrocinado por Schecter Guitar Research desde 2004 e ten varios modelos exclusivos S-1 personalizados e deseñados por el. E os amplificadores que utiliza son Marshall.

Das guitarras utilizadas destacan: The Vengeance Standard model Schecter S-1 The ZV Blade(2009 ) The ZV special con FR (como se pode ver nas escenas Live in the LBC DVD) The ZV "Gynecologist" (con pingas de sangue). Schecter Vengeance 6661 2011 model prototype

Categoría:Guitarristas dos Estados Unidos de América Categoría:Músicos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1981 Categoría:Nados en Washington