O Club Voleibol Emeve (EMEVE son as siglas en castelán de: El Mejor Equipo de Voleibol de España)"Acaba la polémica en la familia Bouza por el nombre del club Emeve", La Voz de Galicia, 17 de febreiro de 2016 . é un equipo de voleibol da cidade de Lugo. Ten equipos en tódalas categorías e os seus dous equipos sénior compite na máxima categoría de voleibol do país, o masculino na Superliga masculina e o feminino na Superliga feminina. Xoga os seus partidos como local no Pavillón Municipal de Deportes de Lugo.

Historia O equipo foi fundado pola familia Bouza no principios dos anos 1980 na cidade de Lugo co nome de EMEVE (El Mejor Equipo de Voleibol de España). Nos inicios o club lucense era un equipo feminino. O voleibol masculino dependía do Estudiantes, un equipo de baloncesto.Aquel sueño llamado Emevé elprogreso.es O equipo ascendeu a Primeira División na temporada 1985/86.

O 3 de maio de 2009 o autobús do equipo de voleibol xuvenil feminino que viña de quedar subcampión de España nas Canarias sufriu un accidente na estrada SC-21 da rotonda de acceso á A-54 á saída do aeroporto da Lavacolla."Tragedia en la vuelta a casa de un equipo juvenil de voleibol", El País, 4 de maio de 2009 No accidente morreron tres xogadoras."Las supervivientes del accidente del Emevé insisten en que el bus iba excesivamente rápido", El Progreso, 20 de febreiro de 2013 ."Una jugadora de 15 años ingresada en la UCI, tercera víctima mortal del accidente de Lavacolla", Faro de Vigo, 14 de maio de 2009 .

En febreiro de 2014 presentáronse ás eleccións da sociedade as irmás Bibí e Coté Bouza en candidaturas enfrontadas. Bilí saíu elixida presidenta e a súa irmá Coté fundou o Volei Praia Lugo. Ata 2016 as irmáns mantiveron un litixio no Xulgado Mercantil da Coruña polo nome e marcas do club. Chegouse a un acordo antes do xuízo para compartir o seu uso.

Competicións Competicións nacionais Superliga Masculina 2 Superliga Feminina 2

Competicións autonómicas 2ª División Autonómica Sénior Segunda División Sénior Feminina 1ª División Autonómica Xuvenil Primeira División Xuvenil Masculina 1ª División Autonómica Xuvenil Primeira División Xuvenil Feminina 1ª División Autonómica Cadete Primeira División Cadete Masculina 1ª División Autonómica Cadete Primeira División Cadete Feminina 3ª División Autonómica Cadete Terceira División Cadete Feminina 1ª División Autonómica Infantil Primeira División Infantil Masculina 1ª División Autonómica Infantil Primeira División Infantil Feminina 2ª División Autonómica Infantil Segunda División Infantil Feminina

Recoñecementos Mellor club de base do voleibol español, Real Federación Española de Voleibol (RFEVB), en 2009"El Emevé, mejor club de base del voleibol español", El Progreso, 10 de xuño de 2009 Campión da 7 Copa da Princesa de Voleibol, Miranda de Ebro en 2014

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial do club

Emeve Emeve Categoría:Deporte de Galicia sen imaxes