O matacandil (Coprinus comatus), tamén coñecido como barbuda, é un cogomelo da orde dos Agaricales.

Descrición O sombreiro é de cor branca-sepia, con escamas imbricadas algo máis escuras. O diámetro é de 3 a 8 cm., e a altura de até 20 cm. As lamelas son primeiro brancas, logo rosadas e ó final negras.

O pé é longo, liso e oco cun anel baixo. Sepárase facilmente do chapeu e pode alcanzar 20 cm. de altura.

As esporas son de cor verde.

Hábitat e época Medra en pasteiros ben abonados, parques, bordos de camiños, terreos removidos e vertedoiros, desde primavera até finais de outono.

Comestibilidade Considérase un comestible excelente, aínda que ten que consumirse o mesmo día que se colleita.

Véxase tamén

Bibliografía Asociación Micológica Zamorana, 2005: Setas y Rutas Micológicas en Sanabria, Carballeda y los Valles. Ed. ADISAC LA VOZ. Shelley Evans, Geoffrey Kibby, 2004: Guías de bolsillo. Hongos. Ed. Omega. ISBN 84-282-1089-6.

Ligazóns externas Ficha na Asociación Micológica El Royo

Categoría:Coprinus Categoría:Fungos de Galicia Categoría:Fungos comestibles Categoría:Fungos descritos en 1780