Xaime Quintanilla Ulla, nado en Ferrol o 9 de setembro de 1919 e finado na mesma cidade o 28 de outubro de 2002, foi un médico e político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria Fillo de Xaime Quintanilla Martínez. Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela e titulado en Graduado Social. Foi alcalde de Ferrol polo PSdeG-PSOE nas primeiras eleccións democráticas e continuou como alcalde ata 1987. Escribiu El complejo mundo del suicida (1994) e colaborou en La Voz de Galicia. Académico numerario da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia, recibiu a Medalla de San Raimundo de Peñafort, a Cruz ao Mérito Naval e a Cruz da Orde Civil de Sanidade. Foi soterrado no cemiterio de Catabois.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Ferrol
Categoría:Alcaldes de Ferrol Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1919 Categoría:Finados en 2002