Marco Simoncelli, nado o 20 de xaneiro de 1987 en Cattolica (Italia) e finado o 23 de outubro de 2011 en Sepang (Malaisia), foi un piloto de motociclismo italiano. Pilotaba unha Honda do equipo San Carlo Honda Gresini Team no Campionato Mundial de Motociclismo de Velocidade de MotoGP, ata o momento do seu falecemento, no Circuíto de Sepang, en Malaisia.

Traxectoria 200px|miniatura|esquerda|Con Honda en Laguna Seca en 2010. Gañou o campionato de Europa de 125cc en 2002, facendo tamén 6 aparicións no campionato do mundo de 125cc. O seguinte ano competiu en todas as carreiras de 125cc. O seu mellor posto ese ano foi un 4º posto no Gran Premio de Valencia, acabando o campionato en 21º posición con 31 puntos. En 2004 seguiu en 125cc, conseguindo a súa primeira vitoria no Gran Premio de España, con choiva. En 2005 gañou outra vez en Xerez, esta vez con tempo seco.

En 2006, trasladouse ao campionato de 250cc co equipo Gilera. O seu mellor resultado ese ano foi un 6º posto na China. Acabou 10º no campionato. En 2007 continuou co mesmo equipo, acabando outra vez 10º o campionato. O 1 de xuño de 2008, no Gran Premio de Italia disputado no Circuíto de Mugello, conseguiu a súa primeira vitoria en 250cc en controvertidas circunstancias. Cando faltaba unha volta para o final, tocouse con Héctor Barberá, facendo que este se caese. O 8 de xuño conseguiu outra vitoria no Gran Premio de Cataluña adiantando a Álvaro Bautista na última volta. Na penúltima proba de 2008, en Malaisia, Simoncelli acabou 3º, proclamándose campión do mundo de 250cc e pasando a ser desde a tempada 2010 piloto de MotoGP.

Falecemento O 23 de outubro de 2011 no circuíto de Sepang, sufriu unha caída tras a que, aínda aferrado á súa montura, foi atropelado por Colin Edwards e Valentino Rossi dun modo tan brutal que ata o seu casco saíu despedido. O piloto italiano sufriu traumatismos moi graves na cabeza, pescozo e peito, o que lle produciu un paro cardíaco. Os médicos da clínica do circuíto estiveron 45 minutos intentando reanimar ao piloto pero finalmente declarouse a súa morte ás 16:56 hora local.

Fundación En decembro de 2011 construíuse oficialmente a "Marco Simoncelli Fondazione" grazas ao impulso da súa familia, que encargarase de xestionala, asistidos por quen foi seu representante, Carlo Pernat e o periodista e amigo Paolo Beltrano. Terá como finalidade, en palabras de Paolo Simoncelli, pai de Marco:

A premisa básica é o soño de manter vivo o recordo de Marco para que poida contribuír a aliviar o sufrimento daqueles que están en peor situación que nós.

Estatísticas Por tempada TempadaCategoríaMotoCarreirasVitoriasPodiosPolesV.RápidaPuntosPosición 2002 125cc Aprilia 6 0 0 0 0 3 33º 2003 125cc Aprilia 15 0 0 0 0 31 21º 2004 125cc Aprilia 13 1 1 2 0 79 11º 2005 125cc Aprilia 16 1 6 1 1 177 5º 2006 250cc Gilera 16 0 0 0 0 92 10º 2007 250cc Gilera 17 0 0 0 0 97 10º 2008 250cc Gilera 16 6 12 7 4 281 1º 2009 250cc Gilera 15 6 10 3 4 231 3º 2010 MotoGP Honda 18 0 0 0 0 125 8º 2011 MotoGP Honda 16 0 2 2 0 139 6º Total 148 14 31 15 9 1255

Carreiras por ano Ano Cat. Equipo 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 Pos. Final Puntos 2002 125 cc Aprilia JPN SAF SPA FRA ITA CAT NED GBR GER CZE 27 POR 13 BRA 21 PAC MAL Ret AUS Ret VAL Ret 33º 3 2003 125 cc Aprilia JPN 21 SAF 20 SPA 14 FRA Ret ITA 17 CAT 16 NED 20 GBR 16 GER 12 CZE 14 POR Ret BRA 11 PAC 11 MAL Ret AUS 11 VAL 4 21º 31 2004 125 cc Aprilia SAF Ret SPA 1 FRA Ret ITA Ret CAT 7 NED 7 BRA 6 GER 10 GBR Ret CZE 19 POR 6 JPN 6 QAT Ret MAL Ret AUS VAL 11º 71 2005 125 cc Aprilia SPA 1 POR 10 CHN 6 FRA 5 ITA Ret CAT 2 NED 20 GBR 4 GER 3 CZE 3 JPN Ret MAL 9 QAT 3 AUS 3 TUR 6 VAL 5 5º 177 2006 250 cc Gilera SPA Ret QAT 8 TUR 7 CHN 6 FRA 8 ITA 7 CAT Ret NED 7 GBR 10 GER Ret CZE 9 MAL 8 AUS 10 JPN 9 POR 7 VAL Ret 10º 92 2007 250 cc Gilera QAT 9 SPA Ret TUR 9 CHN Ret FRA 6 ITA 9 CAT 9 GBR Ret NED 6 GER 7 CZE Ret SMR Ret POR 7 JPN 7 AUS 7 MAL 8 VAL 11 10º 97 2008 250 cc Gilera QAT Ret SPA Ret POR 2 CHN 4 FRA 2 ITA 1 CAT 1 GBR 2 NED 3 GER 1 CZE 3 SMR 6 IND JPN 1 AUS 1 MYS 3 VAL 1 1º 281 2009 250 cc Gilera QAT JPN 17 SPA 3 FRA 1 ITA 2 CAT Ret NED 3 GER 1 GBR 4 CZE 1 IND 1 RSM Ret POR 1 AUS 1 MYS 3 VAL Ret 3º 231 2010 MotoGP Honda QAT 11 SPA 11 FRA 10 ITA 9 GBR 7 NED 9 CAT Ret GER 6 USA Ret CZE 11 IND 7 RSM 14 ARA 7 JPN 6 MYS 8 AUS 6 POR 4 VAL 6 8º 125 2011 MotoGP Honda QAT 5 SPA Ret POR Ret FRA 5 CAT 6 GBR Ret NED 9 ITA 5 GER 6 USA Ret CZE 3 IND 12 RSM 4 ARA 4 JPN 4 AUS 2 MYS C VAL 6º 139

Lenda: A letra grosa indica pole position.

Cor Resultado Ouro Gañador Prata Segundo posto Bronce Terceiro posto Verde Carreira finalizada dentro dos puntos Azul Carreira finalizada fóra dos puntos Púrpura RetiradoNon clasificado (NC) Vermello Non cualificado (NQ) En negro Descalificado (DES) Branco Non iniciou (NIN) En branco Non participou Retirado debido a lesión (LES) Excluído (EX) Carreira cancelada (C)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Sitio web oficial

Categoría:Pilotos de motociclismo de Italia Categoría:Pilotos de 125 cc Categoría:Campións do mundo de 250 cc Categoría:Pilotos de MotoGP Categoría:Nados en 1987 Categoría:Finados en 2011 Categoría:Nados na provincia de Rímini