Ulpiano Villanueva Castro, nado en Pontedeume en 1900 e finado en Santiago de Compostela o 31 de xaneiro de 1967,El Pueblo Gallego, 1-2-1967, p. 8. foi un médico galego.

Traxectoria Fillo do agrarista Valeriano Villanueva. Estudou Medicina na Universidade de Santiago entre 1920 e 1926. En 1928 conseguiu a praza de profesor auxiliar da Cátedra de Fisioloxía e Hixiene. Doutorouse na Universidade de Santiago en 1932. Foi pensionado para traballar no Instituto de Enfermidades Tropicais de Hamburgo e logo no Instituto Pasteur de París. En 1935 gañou a Cátedra de Hixiene na Facultade de Medicina de Cádiz.

Posteriormente retornou á Facultade de Medicina de Santiago onde foi catedrático de Hixiene e Sanidade e Microbioloxía e Parasitoloxía, alternando a docencia coa publicación de numerosos estudos sobre as bacterias e as enfermidades infecciosas e co exercicio da medicina.

De talante liberal e humanitario, axudou a moitos represaliados polo franquismo e ás súas familias na Compostela dos anos corenta e cincuenta. En 1947 foi encarcerado en Vigo xunto co médico Ramón Baltar Domínguez, acusados de contribuír ao Socorro Rojo Internacional aínda que, en realidade, estaban vinculados á Unión de Intelectuales Libres. Estiveron ao redor dun mes no cárcere e foron sometidos a consello de guerra, aínda que finalmente todos os casos foron sobresidos excepto o de Francisco Rey Drox considerado o promotor.Recuperando a Memoria (histórica) na sanidade galega (II). Médicos, Practicantes e “Maquis”. O apoio á guerrilla e aos represaliados na posguerra, por David Simón Lorda. Cadernos de atención primaria, volume 18, pp. 164-171 (2011). miniatura|page=9|esquerda|Ulpiano Villanueva en El Practicante Compostelano. Publicacións La Precipitorreacción de Kahn en la lepra, 1931. Estudio del signo de Huddleson para el diagnóstico diferencial entre Brucellas Bang y Melitensis, 1934. Bacterium typhi Flavum: Investigaciones a propósito de la presencia de este gérmen amarillo en la naturaleza y estudio de 76 razas, 1934. La bilis como medio diferencial, 1934. Escollos en el conocimiento de las virasis, virus-proteinas cristalizados y patologia infecciosa, 1958.

Recoñecementos O mesmo ano da súa morte, o concello de Pontedeume dedicoulle unha rúa por consideralo gran benfeitor, principalmente aos veciños de Pontedeume e a súa Comarca que a el se dirixían, onde encontraban sempre o Médico e o humano acolledor, segundo consta na Acta Municipal que recolle o acordo.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Bibliografía en Google Books

Categoría:Médicos de Pontedeume Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Pontedeume Categoría:Nados en 1900 Categoría:Finados en 1967 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Catedráticos da Universidade de Santiago de Compostela