Manuel Mirás Franqueira, nado en Ordes en 1956,La Voz de Galicia, Santiago, 8-5-2010, p. 14. é un empresario e político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria Titular dunha asesoría. Foi candidato á alcaldía de Oroso polo PSdeG-PSOE en 1983, sendo a partir de entón concelleiro. Repetiu en 1987, apoiando a moción de censura que fixo alcalde a Eugenio Neira en 1989, sendo ademais deputado provincial entre 1990 e 1991. Foi elixido alcalde de Oroso en 1991, mediante un pacto coa CNG, rotándose na alcaldía co candidato desa formación, Carlos Noya Fernández, que a ocupou a partir de abril 1993. En 1995 os membros da CNG concorreron integrados na lista do PSdeG, con Noya como candidato e volvendo a ser elixido concelleiro, se ben perderon a alcaldía en favor do PP. En 1999 volveu se-lo candidato socialista, continuando na oposición, sendo elixido novamente deputado provincial.
Expulsión do PsdeG-PSOE En abril de 2002 volveu ser elixido alcalde de Oroso ao triunfar unha moción de censura contra o popular Eugenio Neira García grazas ao apoio de dous tránsfugas do PPdeG, polo cal foi expulsado do PSdeG-PSOE. Nas eleccións municipais de 2003 foi o candidato do CDS á alcaldía de Oroso e foi reelixido alcalde, obtendo maioría simple e gobernando en coalición co CDI, por onde concurrían o seu anterior compañeiro de filas Carlos Noya e os exconcelleiros populares que o apoiaran na moción de censura.
Regreso ao PsdeG-PSOE En 2006 regresou ao PSdeG-PSOE, e nas municipais de 2007 foi o candidato á alcaldía por esta formación e foi reelixido alcalde, gobernando co concelleiro do BNG José Manuel Pérez Penas. Nas municipais de 2011 volveu ser relixido alcalde polo PSdeG-PSOE logrando a maioría absoluta, ao igual que en 2015. A finais dese mesmo ano foi elixido vicepresidente executivo da FEGAMP. Nas eleccións municipais de 2019 acadou de novo a alcaldía,Concello de Oroso na FEGAMP tras gañar e gobernar cunha concelleira do BNG. En maio de 2021 renunciou á alcaldía, sendo substituído polo seu compañeiro Luís Rey Villaverde. En novembro de 2021 tomou posesión como senador trala renuncia de Antonio Vázquez Lorenzo, do cal era o seu suplente nas xerais do 2019.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Oroso
Ligazóns externas Ficha no Senado Noticia en El Correo Gallego
Categoría:Alcaldes de Oroso Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia polo CDS Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Senadores de Galicia Categoría:Senadores pola Coruña Categoría:Deputados provinciais da Coruña Categoría:Nados en Ordes Categoría:Nados en 1956 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes