Ong Bak (en ) é un filme de acción tailandés dirixido por Prachya Pinkaew que se estreou no 2003.

Sinopse Ong Bak é unha estatua lendaria de Buda que se atopa no templo de Ban Nong Pradu, na Tailandia rural. Os aldeáns cren que os poderes máxicos de Ong Bak os protexen de todo mal. Un desalmado gánster rouba a cabeza do Buda deixando ó pobo totalmente desprotexido. Os seus habitantes buscarán a un guerreiro para recuperar o Buda e enfrontarse á banda do gánster, e elixen a Ting (Tony Jaa), un orfo criado no templo, e alumno de Pra Kru, un amábel monxe, experto no ancestral arte do Muay Thai.

Personaxes Tony Jaa como Ting Petchtai Wongkamlao como Humlae/George Pumwaree Yodkamol como Muay Lek Chattapong Pantana-Angkul como Saming Suchao Pongwilai como Komtuan Wannakit Sirioput como Don Chumphorn Thepphithak como Tío Mao Rungrawee Barijindakul como Ngek Cheathavuth Watcharakhun como Peng Dan Chupong como O gardacostas Chupong Changprung Panna Rittikrai como Aldeán de Nong Pradu

Loitadores do club da loita David Ismalone como Mad Dog Hans Eric como Pearl Harbour Paul Gaius como Lee Nick Kara como Big Bear Nudhapol Asavabhakin como Toshiro

Galardóns e nomeamentos 2003: Festival de Sitges: Sección oficial longametraxes a concurso.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity

Categoría:Filmes de 2003 Categoría:Filmes en lingua tailandesa Categoría:Filmes de Tailandia Categoría:Filmes rodados en Tailandia Categoría:Filmes ambientados en Tailandia Categoría:Filmes de artes marciais