A Igrexa é un lugar da parroquia de Viceso no concello coruñés de Brión na comarca de Santiago. Non tiña habitantes no ano 2010 segundo datos do INEInstituto Nacional de Estadística.

Toponimia O topónimo A Igrexa (do latín , o lugar da igrexa) débese á presenza no lugar da igrexa de Santa María de Viceso.

Xeografía A Igrexa, denominada oficialmente no nomenclátor de Galicia como entidade propia, está ligada á aldea de Esparís. As únicas vivendas son a casa do cura, abandonada dende a década de 1980, e os edificios auxiliares próximos á igrexa, coñecidos como o Teleclub.

Patrimonio O templo relixioso ten planta de cruz latina, coa capela maior cadrada, cuberta con bóveda de canón con lunetos, mentres que o cruceiro, con arcos faxóns de medio punto sobre pilastras de orde toscana, ten bóveda de aresta. O edificio actual é do século XIX, construído sobre un anterior. A fachada foi a primeira parte que se leva a cabo, coa súa elegante torre do campanario, da escola de Simón Rodríguez. Na fornela-fiestra situada sobre a porta hai unha imaxe da Asunción da Virxe, labrada en 1784 polo escultor noiés Antonio Fabeiro. Entre 1832 e 1835 construíronse o presbiterio e a sancristía. Por último erguéronse as capelas laterais, e o corpo da nave. O retablo da capela maior é neoclásico, tallado despois de se remataren as obras.

Lugares e parroquias Lugares de Viceso

Parroquias de Brión

Notas

Categoría:Lugares de Brión Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía Categoría:Despoboados da provincia da Coruña