Manuel Rivas Caridad, nado en Cambre en 1952 é un enxeñeiro químico, político e empresario galego.Entrevista en La Voz de Galicia

Traxectoria Estudou Enxeñaría química, traballou durante 3 anos e despois fundou a súa propia empresa, Coruñesa de Composites. Tamén foi elixido presidente da Asociación de Empresarios de Sabón, en cuxo polígono industrial está situada a súa empresa..

Nas eleccións municipais de 2011 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía de Cambre e foi elixido alcalde por maioría simple, tras non chegar a un acordo os demais grupos de esquerdas. Gobernou en minoría en coalición co único concelleiro do Partido Galeguista Demócrata. En marzo de 2013 perdeu unha moción de confianza, polo que os grupos progresistas negociaron unha moción de censura. Porén nesta ocasión tampouco chegaron a un acordo, polo que puido seguir gobernando o resto do mandato. Nas municipais de 2015 perdeu a alcaldía tras baixar un concelleiro, sendo aínda así o máis votado, e chegar nesta ocasión os grupos de esquerdas (Unión por Cambre, PSdeG e BNG), polo que foi substituído polo independente Óscar García Patiño.

Xuízo e condena En 2022, Rivas foi condenado, xunto con dous concelleiros do seu partido, a dous anos de prisión e seis de inhabilitación por delitos de prevaricación e malversación de caudais públicos na organización do festival Brincadeira Rock in Cambre no ano 2012.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Eleccións municipais en Cambre

Categoría:Nados en 1952 Categoría:Nados en Cambre Categoría:Alcaldes de Cambre Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia