Alberto García García, nado en Catoira o 22 de setembro de 1953, é un político galego do PSdeG-PSOE.

Traxectoria Administrativo. É concelleiro en Catoira dende 1979, cando encabezou por primeira vez a candidatura do PSdeG-PSOE. No inicio da súa carreira política mantivo responsabilidades de goberno co alcalde independente de esquerdas Andrés Castaño Conde. Trala integración deste no grupo socialista en 1983, foi o número 2 da candidatura socialista, tanto nesa convocatoria como en 1987, logrando a maioría absoluta en ambas as ocasións.

Foi elixido alcalde en xullo 1989, logo da dimisión de Castaño. Nas eleccións municipais de 1991 encabezou a candidatura socialista e foi reelixido alcalde cunha ampla maioría absoluta de 9 concelleiros sobre 11. Volveu ser reelixido en 1995 e 1999 con maioría absoluta, 7 concelleiros, sendo ademais deputado provincial entre 1999 e 2003.

Nas municipais de 2003 perdeu a maioría absoluta, ao baixar a 5 concelleiros ante o pulo do BNG, sendo reelixido alcalde como cabeza da lista máis votada e gobernando con apoios puntuais dos demais grupos. Nas municipais de 2007 recuperou a maioría absoluta con 6 concelleiros. En 2011 e 2015 revalidaría novamente a alcaldía con maioría absoluta, subindo a 7 concelleiros no 2015.

Nas municipais de 2019 perdeu a maioría absoluta ao baixar a 5 concelleiros, ante o ascenso experimentado polo PPdeG. Desta forma perdeu a alcaldía ao apoiaren os 3 concelleiros do PPdeG ó candidato do BNG, Xoán Castaño Conde, segunda forza máis votada, tamén con 3 concelleiros. As malas relacións entre os candidatos nacionalista e popular levaron a que en marzo de 2020 se anunciase unha moción de censura que o devolvería á alcaldía co apoio dos populares. Porén, en maio de 2020 a moción desactivouse pola dimisión de Castaño, forzada por concelleiros do grupo socialista que buscaban evitar o acordo co PPdeG, o cal supuxo un cisma entre estes e García. Desta forma, no mes de xuño de 2020 recuperou a alcaldía como cabeza da lista máis votada, conformando un goberno con tódolos edís socialistas agás unAlberto García regresa a la Alcaldía de Catoira. En abril de 2021 destituíu os dous concelleiros críticos que entraran no goberno, polo que gobernou o resto do mandato cun só un concelleiro a maiores delGarcía retira áreas de gobierno a los tres concejales críticos y el PSOE de Catoira pide que dimitan como ediles.

Nas municipais de 2023 perdeu a alcaldía ao lograr o BNG a maioría absoluta.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Eleccións municipais en Catoira

Ligazóns externas Entrevista en La Voz de Galicia

Categoría:Alcaldes de Catoira Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Catoira Categoría:Nados en 1953 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes