miniatura|dereita|220px|Placa commemorativa en Ballylongford. Michael Joseph O'Rahilly, coñecido comunmente coma The O'Rahilly, nado en Ballylongford, condado de Kerry, o 22 de abril de 1875 e finado en Dublín o 29 de abril de 1916, foi un político e revolucionario irlandés.
Traxectoria Aderido dende moi novo á causa republicana e nacionalista irlandesa, viaxou longamente por Estados Unidos e Europa antes de se asentar definitivamente en Dublín. Foi membro fundador dos Voluntarios Irlandeses e líder da súa sección paramilitar. Xunto con Eoin MacNeill e Bulmer Hobson opúxose ao Alzamento de Pascua. Porén, cando a rebelión estalou optou finalmente por se unir a ela, falecendo no transcurso dos combates.
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web con información sobre The O'Rahilly
Categoría:Políticos de Irlanda Categoría:Nacionalismo irlandés Categoría:Nados en 1875 Categoría:Finados en 1916 Categoría:Nados no condado de Kerry