Alejandro Woss y Gil (1856-1932) militar e político, foi presidente da República Dominicana entre 1885 e 1887, e novamente en 1903.

Fillo de Carlos Woss e María Linares. En 1884 foi vicepresidente da República co presidente Francisco Gregorio Billini. Tras a renuncia deste en maio de 1885, ocupou a presidencia da República. Durante o seu mandato, tivo que sufocar dous intentos revolucionarios: o de Azua e o de Moya (1886). Máis tarde, en 1903, ante unha situación caótica da economía e a ameaza de intervención dos Estados Unidos, dirixiu un golpe que derrocou ao xeneral Horacio Vásquez.

Notas

Categoría:Presidentes da República Dominicana Categoría:Nados en 1856 Categoría:Finados en 1932 Categoría:Nados na República Dominicana