Josafat é unha novela escrita en lingua catalá por Prudenci Bertrana en 1906, en plena época do modernismo catalán.

Características As características propias do movemento son algúns dos principais sinais identitarios da obra, así por exemplo resalta o feito que o escritor modernista non se mide á hora de dicir con liberdade aquilo que pensa. A temática do heroe en contraposición coa natureza ou o individuo fronte a masa. En canto á idea central da trama, dicir que o protagonista, Josafat, provén dunha familia de labregos e disponse a acudir á cidade para facer as campás da catedral; de aquí nace a idea de que Josafat fora unha persoa boa antes de chegar a Xirona, mais cando chega a ela a cidade degrádao e fai que se converta nun fanático.

Véxase tamén Ligazóns externas Josafat, de Prudenci Bertrana, retrat d’un heroi modernista

Categoría:Obras literarias de 1906 Categoría:Novelas en catalán