Xosé María Arias Fernández, nado en Furís (Castroverde) o 21 de maio de 1967, é un gandeiro e político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria Gandeiro de profesión. Accedeu á alcaldía de Catroverde no ano 1997 tras unha moción de censura ao alcalde nacionalista Miguel Rodríguez Fernández. Nas eleccións municipais de 1999 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía de Castroverde e foi elixido alcalde grazas a un pacto co BNG. Nas municipais de 2003 volveu ser elixido alcalde con maioría absoluta. Volveu ser elixido alcalde nas sucesivas eleccións sempre con maioría absoluta (2007, 2011, 2015 e 2019). Deputado provincial (2007-2011 e 2019-actualidade), foi responsable da área de medio rural da Deputación (2007-2011) e actualmente leva a área de Cooperación cos concellos de dita institución.
Postulouse á secretaría provincial do PSdeG-PSOE en Lugo nas primarias de decembro de 2017 e xullo de 2019, sendo derrotado por Álvaro Santos e Patricia Otero Rodríguez, respectivamente. Anunciou a súa intención de concorrer novamente como candidato nas primarias previstas para xaneiro de 2022, porén rematou integrándose no equipo do outro candidato e presidente da Deputación José Tomé Roca, pasando a selo vicesecretario xeral na executiva que este encabezou tralo Congreso do mes de febreiro.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Eleccións municipais en Castroverde
Ligazóns externas
Categoría:Alcaldes de Castroverde Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en 1967 Categoría:Nados en Castroverde Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes