Aquilino Valencia Salgado, nado en Calvos de Randín en 1960, é un político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria Traballa como axente forestal. Nas eleccións municipais de 2007 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía de Calvos de Randín e foi elixido alcalde con maioría absoluta. En maio de 2008 catro edís do PPdeG co apoio do edil do exsocialista José Manuel Andrade presentaron unha moción de censura contra el. A moción non chegou a prosperar porque os veciños impediron a entrada dos censurantes ao pleno. Unha reclamación posterior por vía xudicial rematou co pronunciamento do Xulgado ordenando que se repetise o pleno. Finalmente os convocantes decidiron retirala en febreiro de 2011. Nas municipais de 2011 revalidou a alcaldía cunha maioría absoluta aínda máis ampla. En 2015, 2019 e 2023 revalidou novamente a alcaldía con amplas maiorías absolutas. Compatibiliza o cargo de alcalde co seu traballo de axente forestal.
Notas
Véxase tamén Outras páxinas Eleccións municipais en Calvos de Randín
Ligazóns externas Entrevista en La Voz de Galicia
Categoría:Alcaldes de Calvos de Randín Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Calvos de Randín Categoría:Nados en 1960 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes