Juan Manuel Rey Rey, nado en Caldas de Reis en 1953, é un político galego do PSdeG-PSOE.

Traxectoria Licenciado en Químicas e profesor. Foi concelleiro do PSdeG-PSOE en Caldas de Reis dende 1995. Foi deputado provincial entre 2003 e 2007. Logo da dimisión de Xosé María Tobío Barreira en decembro de 2006 foi elixido alcalde. Nas eleccións municipais de 2007 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía de Caldas de Reis e foi elixido alcalde por maioría simple. Nas municipais de 2011 foi novamente reelixido por maioría simple, e nas municipais de 2015 logrouno con maioría absoluta. Nas municipais de 2019 volveu ser elixido alcalde, pero nesta ocasión por maioría simple. Nas municipais de 2023 foi reelixido grazas a un pacto de goberno co BNG.

O 23 de decembro de 2024, tras 18 anos no cargo, renunciou á alcaldía e a acta de concelleiro. Subistituíuno o número dous da lista socialista, Jacobo Pérez Gulín.

Notas

Véxase tamén Outras páxinas Eleccións municipais en Caldas de Reis

Ligazóns externas Entrevista en Diario de Pontevedra

Categoría:Alcaldes de Caldas de Reis Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia

Categoría:Nados en Caldas de Reis

Categoría:Nados en 1953