miniatura|300px|Víctor Freixanes, Camilo Nogueira, Ana Gandón e Fernando Martínez Randulfe en 2016. Ángel Fernando Martínez Randulfe, nado en Ourense en 1934 e finado en Vigo o 12 de marzo de 2022, foi un avogado e político galego, que militou en Esquerda Galega.

Traxectoria Aínda que naceu en Ourense e comezou a traballar no colexio Concepción Arenal desa cidade, propiedade do seu pai Ángel Martínez Doval, trasladouse a Vigo, onde desenvolveu a súa carreira profesional como avogado especializado en asuntos laborais, no despacho fundado con Elvira Landín. Vencellado inicialmente aos xesuítas, afiliouse a Esquerda Galega, encabezou a candidatura polo provincia de Ourense nas primeiras eleccións autonómicas, pero non conseguiu escano. Catro anos máis tarde si que o obtivo, ao figurar como número dous da candidatura do PSG-EG pola provincia de Pontevedra nos comicios de 1985.

Nos últimos anos foi presidente de Esculca, observatorio para a defensa dos dereitos e liberdades civís en Galicia. Finou en Vigo o 12 de marzo de 2022.

Vida persoal Estivo casado con Elvira Landín, coa que tivo dúas fillas, Amaya e Iria. É irmán de quen fora senador do PPdeG Manuel Martínez Randulfe e da embaixadora Teresa Martínez Randulfe, ademais de catro irmáns máis.

Foi o tío do escritor feminista Gorka Mola Landín

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Entrevista a Fernando Martínez Randulfe na web da Televisión de Galicia. Cartel electoral.

Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PSG-EG Categoría:Avogados de Ourense Categoría:Deputados da II Lexislatura do Parlamento de Galicia

Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1934 Categoría:Finados en 2022