A Comarca de Avilés é unha das oito comarcas funcionais ou áreas de planificación territorial en que está dividido o Principado de Asturias para os efectos de homoxeneización espacial dos datos procedentes dos concellos nas estatísticas rexionais.

Aínda que o Estatuto de Autonomía de Asturias prevé a división do territorio asturiano en comarcas, estas non foron desenvolvidas oficialmente, aínda que cada vez esta máis desenvolvida a denominada "Comarca Avilés", que inclúe aos concellos de Avilés, Castrillón, Illas e Corvera, en temas como o transporte público, turismo, urbanismo e comercio, facendo destes catro concellos funcionar en moitos casos como un só.

Concellos Avilés Candamu Castrillón Corvera Cudillero Gozón Illas Muros Pravia Sotu'l Barcu

Avilés