Alejandra Pérez Máquez, nada en Londres en 1971, é unha política galega do PSdeG-PSOE.

Traxectoria Concelleira en Bergondo polo PSdeG-PSOE dende 1999, foi primeira tenente de alcalde e Concelleira de Cultura e Deportes, sendo unha das máis estreitas colaboradoras do alcalde José Fernández Ramos. Logo do seu falecemento en maio de 2008 foi elixida alcaldesa de Bergondo. Nas municipais de 2011 encabezou a candidatura do PSdeG, sendo elixida alcaldesa co apoio do BNG e Veciños de Bergondo (VB), formando un goberno de coalición con Veciños que se mantivo ata a marcha destes en outubro de 2013, rematando o mandato en solitario. Nas municipais de 2015 logrou ser a candidatura máis votada, pasando de 4 a 5 concelleiros, e gobernou en minoría ata decembro de 2016, cando estableceu un pacto de goberno con Anova. Nas eleccións municipais de 2019 gañou con 6 concelleiros e volveu acadar a alcaldía, gobernando en coalición con Alternativa dos Veciños, partido no que se integraron os concelleiros de Anova cos que gobernara no anterior mandato. Nas municipais de 2023 baixou a 4 concelleiros e foi reelixida grazas a un novo pacto de goberno con Alternativa dos Veciños.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Bergondo

Ligazóns externas Entrevista en La Voz de Galicia

Categoría:Alcaldes de Bergondo Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Londres Categoría:Nados en 1971 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nados na diáspora galega