Red Planet é un filme estadounidense dirixido por Antony Hoffman e protagonizado por Val Kilmer e Carrie-Anne Moss, que se estreou no ano 2000.

Sinopse No ano 2050, a Terra está a piques de sucumbir a un desastre ecolóxico global provocado polos propios humanos, e por iso créase o Proxecto de Terraformación de Marte coa esperanza de poder crear alí unha nova civilización humana. Pero o proxecto periga por causas descoñecidas. A comandante Kate Bowman dirixirá unha misión ó planeta para intentar reactivar a terraformación e investigar as causas que o impiden.

Personaxes Val Kilmer como Robby Gallagher Carrie-Anne Moss como Comandante Kate Bowman Tom Sizemore como Doutor Quinn Burchenal Benjamin Bratt como Tenente Ted Santen Simon Baker como Chip Pettengill Terence Stamp como Doutor Bud Chantilas Neil Ross como Traxe espacial (voz)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity

Categoría:Filmes de 2000 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Australia Categoría:Filmes de acción e ciencia ficción dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes de Village Roadshow Pictures Categoría:Filmes rodados en Xordania Categoría:Filmes de catástrofes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes ambientados en 2056