Astron foi un observatorio espacial soviético con colaboración francesa lanzado o 23 de marzo de 1983 desde o cosmódromo de Baikonur mediante un foguete Proton K/D-1.

Características Astron foi lanzado a unha órbita altamente elíptica cun apoxeo a unha distancia de case a metade da distancia á Lúa, permitíndolle estar fora da sombra da Terra e dos cintos de radiación durante o 90% do tempo da súa órbita.

O satélite deixou de funcionar en xuño de 1989, tras superar a súa esperanza de vida inicial, dun ano.

Instrumentación O instrumento principal era un telescopio franco-soviético para o ultravioleta de 5 metros de lonxitude. Ademais levaba a bordo un espectrómetro de raios X consistente nun contador proporcional sensible ós raios X con enerxías de entre 2 e 25 keV e cunha área efectiva de 0,17 m². O campo de visión era de 3°x3°.

Resultados O espectrómetro de raios X tomou datos continuous de Hercules X-1 1983 e 1984. Tamén observou fontes de raios X en Orión, Taurus e Leo.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Astron 2

Categoría:Satélites artificiais da Unión Soviética