O Gran Teatre del Liceu, popularmente coñecido como Liceu é un teatro especializado en representacións de ópera da cidade de Barcelona, sendo considerado o teatro máis prestixioso da cidade condal e tamén como un dos máis prestixiosos do mundo. Localízase no paseo da Rambla en Barcelona, no número 61-65. Inaugurouse o 4 de abril de 1847, aínda que a súa historia comeza en 1837. Foi, pola súa capacidade, o teatro de ópera máis grande de Europa durante os seus primeiros cen anos. Dende hai máis de 150 anos represéntanse nel obras maiores interpretadas polos máis famosos cantantes do mundo. Durante anos foi o símbolo e o lugar de xuntanza da aristocracia e da burguesía de Cataluña.
Caracterízase polo seu accidentado pasado, do cal rexurdiu en repetidas ocasións. Dende a súa inauguración e durante case un século, o Liceu foi, ademais da primeira sala de ópera de Cataluña e España, o punto de referencia, de confluencia e expansión da vida artística, social e política de Barcelona. Foi o termómetro das súas etapas de esplendor, de desenvolvemento, de decadencia e dos seus disturbios. Despois, a partir da terceira década do século XX, o Liceu perdeu paseniño a súa relación directa cos altos e baixos da vida social para asumir unha hexemonía máis determinadamente artística e musical.
O edificio O teatro está sito na Rambla, no centro da cidade. Ata 1994, non era un edificio illado e só tiña dúas fachadas orientadas cara a rúa, limitando os outros dous costados con casas adxacentes. Esta circunstancia limitaba o seu crecemento. Por causa do incendio, expropiáronse as leiras veciñas e edificouse sobre elas unha ampliación do teatro, que dende entón dá cara a Rambla, así como ás rúas Unió e de Sant Pau. O proxecto de reconstrución, feito a partir dun de reforma do teatro de 1986, foi obra dos arquitectos Ignasi de Solà-Morales, Xavier Fabré e Lluís Dilmé.
No edificio actual mantéñense algunhas partes provenientes dos anteriores:
A fachada principal da Rambla, que é a orixinal de 1847, de Miquel Garriga i Roca (parece que a fachada, a pesar de que o plano o asinou Garriga, tampouco é súa, senón dun arquitecto francés descoñecido): é unha fachada modesta e pouco atractiva. O vestíbulo e a escalinata (1861), cunha escultura de Venanci Vallmitjana representando a Música (1901). O salón de descanso (Saló dels Miralls ou Verger) (1847). Conserva a decoración romántica orixinal, con medallóns pintados con retratos de músicos, cantantes e bailaríns do momento: (Pasta, Rubini, Donizetti, Bellini, Gluck, Marie Taglioni... Na cornixa hai frases, en letras douradas, relativas á música e ao teatro, representativas dos gustos do momento de construción do teatro. Volveuse decorar parcialmente en 1877 por Elies Rogent. A pintura do teito, Josep Mirabent, que representa o Parnaso, é daquela. En 1941 caeu e foi recolocada e restaurada por Josep Mestres Cabanes, que tamén restaurou as pinturas da escaleira. miniatura|esquerda|Maqueta do Gran Teatre del Liceu cara ao ano 2000 (Liceu, Foyer). miniatura|esquerda|A mesma maqueta dende o outro costado. A sala do auditorio é enorme e espléndida. Reedificada despois do lume, reproduce fielmente o aspecto da sala de 1861 (ou máis ben, da de 1909, cando a sala volvérase decorar), con algunhas melloras. Ten 2.292 asentos, sendo un dos teatros clásicos de ópera de maior capacidade de Europa. É un teatro ao estilo italiano, con forma de ferradura que se vai pechando a medida que se achega ao proscenio. A lonxitude máxima da sala é de 33 metros, e o ancho de 27 metros. Ten platea e cinco andares (amais dos palcos de platea). Hai catro grandes palcos a cada lado do proscenio, e palcos na platea, no primeiro andar, e nos laterais do segundo e terceiro. Non obstante, non hai separación arquitectónica entre eles, tan só un biombo baixo, de xeito que no teatro non se ven columnas. Isto, e o feito de que non hai palco real nin presidencial, dá unha continuidade aos pisos que dan a impresión de seren unha ferradura dourada, sen interrupción. Outra peculiaridade é o anfiteatro, sito no primeiro piso: posúe tres ringleiras de butacas (sen dúbida, as mellores do teatro), que se proxectan por riba da platea sen ningún piar nin columna de apoio (susténtanse directamente sobre as trabes de ferro, o que, en 1861, foi bastante ousado). Este anfiteatro xa estaba na sala de 1847; nesta, ademais, había un similar no segundo piso, con dúas ringleiras de butacas.
Os gastos da construción orixinal cubríronse coa venda de palcos e asentos: ao longo dos anos, os propietarios decoraron os antepalcos (as salas de entrada aos palcos) de xeitos moi diferentes, e, acotío, coa colaboración de grandes artistas e artesáns, conformando un conxunto de grande interese histórico e artístico. Todas elas, así e todo, desapareceron no lume de 1994.
O Liceu era un lugar de encontro da burguesía acomodada de Barcelona; os andares superiores, o cuarto e o quinto, onde había as entradas máis baratas, denominábanse "galliner" ("galiñeiro") e era onde ían os afeccionados con poucos recursos, habitualmente máis entendidos e críticos cos espectáculos. Eran eles quen facían que os cantantes triunfasen ou fracasasen. Aínda agora, o público destes pisos ten fama de ser o máis esixente. miniatura|Sala principal do Liceu despois da reconstrución de 1999. O proscenio reproduce o antigo, redecorado en 1909. Ten unha grande arcada central, cun arco carpanel; aos dous lados, dúas grandes columnas corintias enmarcan catro pisos de grandes palcos, chamados "banyeres" ("bañeiras").
A ornamentación da sala reproduce fielmente a de 1909: suntuosa, con relevos de xiz e estuco dourados e policromados, como era costume nos teatros do século XIX. As lámpadas son de bronce e vidro, en forma de dragón. As butacas da platea son de ferro fundido e veludo vermello, cor común de todas as butacas da sala.
Na reconstrución de 1999 introducíronse algunhas novidades. As novas pinturas circulares do teito e as tres do proscenio perdéronse no lume; as novas encargáronse ao artista Perejaume, que colocou nove grandes montaxes fotográficas con paisaxes formadas polas butacas do teatro. O pano do escenario é obra do xastre Antoni Miró. Colocouse unha gran lámpada de forma hemisférica no centro do teito que incorpora elementos para o control da iluminación e o son.
Tamén se engadiron cabinas de control e proxección nalgúns andares e unha "superficie técnica" sobre o teito, con equipamento de tecnoloxía avanzada para gravar as representacións xunto con cámaras dirixidas por ordenador. O equipamento do escenario está entre os máis modernos de Europa, permitindo rápidos trocos de escena e a programación simultánea de catro escenarios diferentes.
Baixo a sala, no soto, construíuse unha nova sala, a nomeada Foyer, de superficie idéntica á da platea, onde se instalou un bar máis que, cando este pecha, queda dispoñible para a realización de espectáculos de pequeno formato: recitais, concertos, ópera de cámara, conferencias e actividades diversas.
Referencias musicais da ornamentación do teatro A decoración do teatro inclúe referencias escritas, inscricións, e iconográficas -pinturas, relevos, medallóns, entre outros- ao teatro e a música, que son un reflexo do gusto do momento no que se fixeron.
A fachada, vestixio do momento da construción do primeiro teatro, está presidida por dúas inscricións que, a ambos os lados do nome do teatro, din: "Calderón - Mozart" e "Rossini - Moratín", en referencia aos máximos representantes da historia do teatro e a música (Calderón e Mozart, en 1847 non eran autores moi representados) e da súa actualidade: Rossini era un compositor aínda popular, e Moratín era o paradigma do teatro "moderno" de bo gusto, xa que o teatro romántico non deixaba de ser unha novidade.O equilibrio entre autores españois e estranxeiros responde a unha realidade do momento, xa que a maioría de obras de teatro representadas, ao contrario que as musicais, eran de autores españois.
Saló dels Miralls miniatura|Sala de descanso, nomeada Saló dels Miralls, salvada do lume de 1994. O Saló dels Miralls (salón dos espellos), tamén supervivente de 1847, está decorado con medallóns e frases relativos á arte e o teatro. De planta rectangular, mais con dous chafráns nas esquinas do fondo que dan á fachada da Rambla, presenta:
No muro central do fondo, a frase "El arte no tiene patria", e o medallón do retrato coa lenda "Gluck", que forma o eixo da sala.A pesar de non ser un autor demasiado representado no Liceu, era considerado o fundador da escola operística moderna. No chafrán da esquerda: "El teatro es el santuario de las artes" e os retratos de "Haydn" e "Meyerbeer": representantes da música sinfónica modernaEn Barcelona, con pouca tradición sinfónica, aínda non chegaran de xeito continuo as obras de Beethoven ou dos autores románticos, e o modelo de sinfonismo e de música non vocal continuaba a ser Haydn. e da ópera contemporánea da escola francesa.Meyerbeer era daquela, con Donizetti ou Mercadante, o compositor máis representado. No chafrán da dereita: a frase "La comedia es el espejo de la vida", cos retratos de "Lauvenant" e "Metastasio", como modelo de libretista de ópera. No muro da dereita: a frase "La música es el único placer de los sentidos del cual no puede el vicio abusar", cos retratos de "Pasta", "Donizetti", "Sontag" e "Moliere". Amais de dúas das máis grandes sopranos do momento,Pasta e Sonntag eran xa dúas lendas vivas e estrearan un número importante de obras de Rossini, Bellini, Donizetti ou Meyerbeer, entre outros. Donizetti representa ao autor italiano máis célebre do momentoXústamente entón comezaban a chegar as óperas de Verdi ao Liceu; Donizetti e Mercadante, co xa traspasado Bellini, eran os autores máis populares entre os músicos "novos", xa que Rossini se retirara. e Molière, ao teatro clásico que seguía as normas do clasicismo. No muro da esquerda: a frase "La música es la palabra del alma sensible, como la palabra es el lenguaje del alma intelectual", cos retratos de "Mercadante" (músico daquela moi popular), "Taglioni" (a bailarina máis importante do momento), "Calderón" (como paradigma de autor teatral clásico español) e "Rubini" (o tenor máis aclamado da época). No muro da entrada: a frase "La sencillez y la verdad son los principios de la belleza de todas las manifestaciones del arte" e os retratos de "Maiquez", "Bellini" (no eixe da sala) e "Lope de Rueda": o mellor actor de teatro da xeración precedente, o músico "moderno" máis valorado no momento e o "pai" do teatro en castelán, aínda que non se representou nunca no Liceu. Nos corredores de entrada á sala, á dereita, o retrato de "Shiller" [sic], o autor teatral moderno máis recoñecido, e á esquerda, a "Malibran", a cantante máis célebre da xeración anterior.
No teito, o plafón ao óleo de Josep Mirabent representa o Parnaso, con Apolo, deus das artes e a fonte que nutre as nove musas, que están aos seus pés, con atributos das artes. Ao redor, en catro frisos hai anxiños: en dous deles, tocan instrumentos musicais, como alegoría da música; nos outros, hai os da danza e do teatro; nas esquinas do pé do plafón, dous medallóns cos retratos de Homero e Dante, como representación da Poesía.
Sala de espectáculos O teito da sala de espectáculos, entre 1861 e 1994 estaba decorada con oito óleos circulares con representacións de diversas obras que formaban alegorías de diferentes xéneros teatrais e musicais. Obra Ramon Martí i Alsina, Joan Vicens, Agustí Rigalt e Antoni Caba, representaban (dende o eixo do teatro, o máis próximo á entrada, no sentido das agullas do reloxo):
El acero de Madrid, comedia de Lope de Vega, como alegoría do teatro clásico do Século de Ouro e da comedia "moderna"; pintado por Antoni Caba.