A ribulosa 5-fosfato (tamén escrita ribulosa-5-fosfatoPubChem compound Ribulose 5-phosphate) é un monosacárido de 5 carbonos (pentosa) cun grupo cetona no carbono 2 (polo que é unha cetosa) e un fosfato esterificado no carbono 5. É unha molécula de ribulosa fosforilada no carbono 5 ChemSpider Ribulose 5-phosphate.

Este composto é o produto final da fase oxidativa da ruta da pentosa fosfato, e é un intermediario do ciclo de Calvin da fase escura da fotosíntese.

Na ruta da pentosa fosfato A misión desta ruta é a de obter NADPH e ribosa 5-fosfato, que se utilizarán na síntese de ácidos graxos e de ácidos nucleicos. Nesta ruta intervén a ribulosa 5-fosfato. Na ruta da pentosa fosfato a ribulosa 5-fosfato orixínase a partir da deshidroxenación e descarboxilación do 6-fosfogliconato, catalizada pola fosfogliconato deshidroxenase A. Lehninger. Principios de Bioquímica. (1988). Omega. Páxinas 456-457, 665. ISBN 84-282-0738-0 . Na reacción prodúcese NADPH e CO2, e con ela remata a fase oxidativa da ruta. 6-fosfogliconato + NADP+ + H+ → ribulosa 5-fosfato + NADPH Posteriormente, na fase non oxidativa da ruta, a ribulosa 5-fosfato isomerízase pola acción da fosfopentosa isomerase a ribosa 5-fosfato, polo que unha cetosa se converteu nunha aldosa. ribulosa 5-fosfato → ribosa 5-fosfato Tamén se pode producir unha isomerización a xilulosa 5-fosfato catalizada pola fosfopentosa epimerase. ribulosa 5-fosfato → xilulosa 5-fosfato

No ciclo de Calvin No ciclo de Calvin da fase escura da fotosíntese a ribulosa 5-fosfato utilízase na reacción final que pecha o ciclo para rexenerar a ribulosa 1,5-bifosfato (molécula na que se fixa o CO2).

Neste ciclo a ribulosa 5-fosfato pode obterse a partir de dous azucres de 5 carbonos, a ribosa 5-fosfato e a xilulosa 5-fosfato por medio de reaccións de isomerización catalizadas pola fosfopentosa isomerase e a fosfopentosa epimerase, que son similares ás da ruta da pentosa fosfato. ribosa 5-fosfato → ribulosa 5-fosfato xilulosa 5-fosfato → ribulosa 5-fosfato

Despois, a ribulosa 5-fosfato formada utilízase na rexeneración da ribulosa 1,5-bifosfato do ciclo de Calvin. Para iso vai ser fosforilada pola fosforribulosaquinase con gasto de ATP. ribulosa 5-fosfato + ATP → ribulosa 1,5-bifosfato + ADP

Notas

Véxase tamén Outros artigos Ribulosa Ribulosa 1,5-bifosfato

Categoría:Monosacáridos Categoría:Organofosfatos Categoría:Fotosíntese