Os pentacerótidos ( Pentacerotidae ) son unha familia de peixes mariños incluída na orde dos Perciformes. Distribúense polos océanos Índico, Pacífico e suroeste do Atlántico.
Características Corpo fortemente comprimido, moi alto no xénero Pentaceropsis, con escamas pequenas. Os ósos da cabeza expostos e estriados ou rugosos. Boca terminal, co rostro algo prolongado.
Unha aleta dorsal, con de 4 a 14 espiñas fortes e 9-29 raios brandos; na anal, 2 a 5 espiñas fortes e 7-13 raios brandos; aletas pelvianas grandes cunha longa espiña e 5 raios brandos; caudal algo fendida.
Habitan fundamentalmente en ladeiras profundas, montes mariños e peláxicos, e poden aparecer na superficie en zonas temperadas, onde se pescan para consumo.
Clasificación Comprende sete xéneros e 14 especies: Xénero Evistias (Jordan, 1907) Xénero Histiopterus (Temminck e Schlegel, 1844) Xénero Parazanclistius (Hardy, 1983) Xénero Paristiopterus (Bleeker, 1876) Xénero Pentaceropsis (Steindachner en Steindachner e Döderlein, 1883) Xénero Pentaceros (Cuvier en Cuvier e Valenciennes, 1829) Xénero Pseudopentaceros (Bleeker, 1876 ) Xénero Zanclistius (Jordan, 1907)
Véxase tamén
Ligazóns externas Taxonomía FishBase Taxonomía ITIS
Categoría:Percoideos