Leonardo Rodríguez Díaz, nado en Lleida en 1877 e finado na mesma cidade o 27 de setembro de 1922, foi un político catalán.

Traxectoria miniatura|esquerda|150px|Leonardo Rodríguez e Alfredo García Ramos en Chantada, 1920. Avogado e economista. Militante do Partido Conservador, era un home de José Canalejas, que logo da súa morte se puxo baixo a protección de Augusto González Besada. Foi deputado polo distrito de Lugo (1915-1916), e durante catro lexislaturas polo de Chantada (1916-1923). Chegou a identificarse co movemento das Irmandades da Fala e foi presidente da Liga de Amigos da Coruña. Nomeado director xeral de Comercio, Industria e Traballo, participou na primeira guerra mundial como cronista para El Mundo. Sucedeu a Baldomero Argente á fronte do Ministerio de Abastecementos entre febreiro e abril de 1919. Colaborou en diversos xornais, dirixiu o xornal Fígaro, fundou a Revista Económica y Finaciera e publicou Entre campos de batalla. Tomo I. Al margen de la guerra. Crónicas retrospectivas (1915).

En xaneiro de 1923 apareceu en Chantada o periódico El Regionalista que se proclamaba defensor da súa liña política.El Correo Gallego, 7-1-1923, p. 2.La Región, 9-1-1923, p. 2.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados Categoría:Ministros de España Categoría:Nados en 1877 Categoría:Nados en Lleida Categoría:Finados en 1922