miniatura|Gráfico sobre a inmunidade de grupo a distintos niveis e o espallamento das enfermidades en cada caso A inmunidade de grupo, inmunidade de rabaño ou efecto rabaño é un método de protección indirecta fronte a enfermidades infecciosas que ten lugar cando unha gran porcentaxe dunha poboación tórnase inmune a unha infección, fornecendo unha protección indirecta para aqueles individuos que non son inmunes. Nunha poboación na que un gran número de individuos son inmunes, as cadeas de infección teñen máis probabilidades de racharse, freando ou detendo o avance da enfermidade. Canto maior sexa a proporción de individuos inmunes nunha comunidade, menor é a probabilidade de que aqueles que non son inmunes entren en contacto con outro individuo infectado.

Proceso e características A inmunidade individual conséguese tras recuperarse dunha infección natural ou por medios artificiais como as vacinas. Algúns individuos poden non tornarse inmunes por motivos médicos polo que a inmunidade de grupo resulta un método importante de protección. Cando unha poboación consegue un certo nivel de inmunidade de grupo, esta elimina de forma gradual a enfermidade dentro da poboación. Esta eliminación, de conseguirse de forma global en todo o mundo, pode dar como resultado a redución do número de infeccións a cero, erradicando a enfermidade. Este método empregouse para a erradicación da varíola en 1977 e para a eliminación rexional doutras enfermidades. A inmunidade de grupo non aplica para tódalas enfermidades, só para aquelas que son contaxiosas, que se transmiten dun individuo a outro. O tétano, por exemplo, é unha enfermidade infecciosa pero non contaxiosa, polo que este método non aplica para a súa eliminación.

O termo inmunidade de rabaño usouse por primeira vez en 1923. Quedou recoñecido coma un fenómeno de ocorrencia natural na década dos anos 1930 ó observarse que tras que un número significativo de nenos se tornaron inmunes ó sarampelo, o número de novas infeccións diminuíu temporalmente, incluíndo a nenos susceptibles de contaxio.** A vacinación en masa para inducir a inmunidade de grupo pasou a ser dende entón unha práctica común e probou ser efectiva na prevención do avance de moitas enfermidades infecciosas. A oposición ás vacinas supón un contratempo para a inmunidade de grupo, permitindo que enfermidades que teñen prevención persistan ou volvan a xurdir en comunidades con taxas de vacinación non axeitadas.

Notas

Categoría:Epidemioloxía Categoría:Inmunoloxía