miniatura|Láser usado en podoloxía. O podólogo é o profesional sanitario que prevén, diagnostica e trata os problemas do pé, e se ocupa do seu coidado integral e da súa relación co resto do corpo.

A estrutura e o funcionamento dos pés son moi complexos e esíxenlle ao podólogo profundos coñecementos en distintas materias, así como as habilidades e aptitudes necesarias para realizar e elaborar calquera tipo de tratamento do pé mediante os procedementos terapéuticos propios da súa disciplina.

Exercicio da profesión Para exercer a podoloxía en España é indispensable estar en posesión da Titulación Universitaria de Podoloxía e estar colexiado nun Colexio Profesional de Podólogos, habitualmente no da Comunidade Autónoma.

Funcións Quiropodoloxía: Tratamento das afeccións da pel (calosidades, durezas...) e das unllas (encarnadas, engrosadas...) Ortopodoloxía e Biomecánica: Exploración da marcha, soletas a medida, orteses de silicona (separadores, correctores...) Patoloxía do pé: Pé doloroso (metatarsalxias, esporón, neuromas...), pé reumático, pé diabético (prevención, úlceras...), infeccións (fungos, papilomas...) Cirurxía do pé: Unlla encarnada, xoanetes, dedos martelo, corrección de deformidades do pé...

Actividade diagnóstica O podólogo ten acceso ás probas complementarias tanto para chegar a un diagnóstico certo, como para realizar un seguimento axeitado das patoloxías (probas biomecánicas, de raios X, analíticas etc.).

Aplicación de tratamentos O podólogo ao diagnosticar as enfermidades dos pés ordena os tratamentos das devanditas patoloxías de acordo co estado da ciencia actual, para iso instaura: Tratamentos farmacolóxicos: o artigo 77.1 da Lei 29/2006 de garantías e uso racional dos medicamentos e produtos sanitarios, modificada pola Lei 28/2009, sinalan ao médico, odontólogo e o podólogo como únicos profesionais con facultade para receitar medicamentos. Tratamentos ortopodolóxicos: o Anexo do Real Decreto 542/1995 ordena ao ortopeda atender a receita do médico e do podólogo. Tratamentos de cirurxía podolóxica: de acordo coas especificacións dos plans de estudo vixentes.

Véxase tamén Outros artigos Podoloxía. Calista. Colexio Oficial de Podólogos de Galicia.

Ligazóns externas Colexio Oficial de Podólogos de Galicia Coidados básicos do pé

Categoría:Podoloxía Categoría:Ocupacións sanitarias