miniatura|300px|Mapa de Juan de la Cosa. O Novo Mundo aparece na parte superior (en verde) e o Vello Mundo na parte central e inferior (en branco). O mapa de Juan de la Cosa é un mapa pintado sobre pergamiño, de 93 cm de alto por 183 de ancho, conservado no Museo Naval de Madrid. Unha inscrición no mesmo sinala que foi realizado polo mariñeiro cántabro Juan de la Cosa en 1500 en El Puerto de Santa María (Cádiz). A súa decoración indica que probablemente foi feito por encargo dalgún membro poderoso da corte dos Reis Católicos.
Está considerado como a representación do continente americano máis antiga conservada,Algúns historiadores propuxeron que as illas atlánticas debuxadas noutros mapas máis antigos, como a carta de Pizzigano (1424), poderían ser algunhas das Antillas pero non existe consenso sobre esta idea. Por outra parte, o mapa de Vinlandia representa unha parte de Norteamérica pero existe controversia sobre se data de mediados do século XV ou é unha falsificación do século XX. no que aparecen as terras descubertas até finais do século XV polas expedicións castelás, portuguesas e inglesas a América. Tamén mostra unha gran parte do Vello Mundo, segundo o estilo típico dos portolanos medievais, incluíndo noticias da recente chegada de Vasco da Gama á India en 1498.
É a única obra cartográfica conservada das realizadas polas testemuñas presenciais das primeiras viaxes de Cristovo Colón ás Indias. O mapa fai alusión ao descubridor mediante unha grande imaxe de San Cristovo que cobre a zona onde debería estar Centroamérica. Cuba represéntase como unha illa, en contra da opinión de Colón, que a consideraba unha península das Indias.
Descrición miniatura|esquerda|Detalle do mapa cos Reis Magos situados en Asia A carta de Juan de la Cosa é unha obra manuscrita, de 93 cm de alto (norte-sur) por 183 de ancho (leste-oeste), debuxada sobre dúas follas enlazadas de pergamiño de pel de tenreira cosidos a un lenzo resistente. Os dous anacos están pegados polo centro, á altura de Italia e África, e a súa forma non é simétrica xa que a parte occidental corresponde ao pescozo do animal. Está ilustrada con tinta e acuarelas. O Novo Mundo aparece representado en verde mentres que o Vello Mundo non está coloreado. No mapa sinálanse os ríos, portos e núcleos de poboación mediante símbolos convencionais. Ademais está profusamente decorado á maneira dos portolanos da escola mallorquina con rosas dos ventos, bandeiras, embarcacións, reis africanos e personaxes lendarios, como por exemplo o preste Xoán das Indias en África e os Reis Magos en Asia. A rosa dos ventos situada no Atlántico contén unha representación da Virxe e o Neno.
No extremo superior do mapa, cubrindo a rexión centroamericana, existe un recadro cunha imaxe de San Cristovo, probable alusión a Cristovo Colón. Baixo o santo aparece a referencia ao autor e data do mapa, "Juan de la cosa la fizo en el puerto de S: mã en año de 1500". Na marxe inferior á dereita aparece outra cartela pero en branco, aparentemente reservada para algún texto que ao final non se incluíu.
O seu estado de conservación é en xeral bo pero con algúns estragos: descascados na parte superior así como diversas deterioracións debidas a un incendio. Contén numerosos topónimos, escritos en castelán, pero algúns deles son ilexibles, sobre todo na parte do Novo Mundo.
Historia Autor e data miniatura|Texto do mapa que indica o autor, lugar e data de realización.
Unha cartela do mapa afirma que «Juan de la cosa la fizo en el puerto de S: mã en año de 1500»; é dicir, que "Juan de la Cosa fíxoa no Porto de Santa María no ano 1500".
Juan de la Cosa foi un mariñeiro nacido en Cantabria a mediados do século XV e morto na costa da actual Colombia en 1509. Tivo un papel destacado na primeira viaxe de Colón ás Indias (1492-93) xa que foi como mestre da nao do capitán Colón, a Santa María. Tamén tomou parte na segunda viaxe do Almirante (1493-96). En 1499 asociouse con Alonso de Ojeda para realizar unha expedición propia a América, na que quizais participase tamén Américo Vespucio. Partiron en maio de 1499, percorreron unha parte substancial da costa atlántica de Suramérica e regresaron ou ben en novembro de 1499 ou ben en xuño de 1500.A data é controvertida. Tradicionalmente deuse a de xuño de 1500 pero o historiador Demetrio Ramos sinalou unha data moito máis temperá, novembro de 1499. , citado en Sábese que de la Cosa traía xa un esbozo de mapa consigo no regreso desta viaxe.Manzano Manzano, tomo 1, páx. 338. "Vido este testigo la carta de Juan de la Cosa que fizo en aquel viaje, e vido en ella la costa que descubrió." Declaración de Juan de Jerez (piloto) na probanza do fiscal dos Preitos colombinos de 1513. Arquivo de Indias, Patronato, mazo 12, ramo 10, fol. 56 v. Pleitos de Colón, tomo I, páx. 304 De la Cosa volveu a navegar na expedición de Rodrigo de Bastidas (finais de 1500Verlinden, páx.145 ou mediados de 1501 segundo diferentes autores) e debeu realizar a súa carta durante o verán ou outono de 1500. A rica ornamentación indica que probablemente foi realizada por encargo dalgún personaxe poderoso, quizais o bispo Fonseca.
Algúns historiadores puxeron en dúbida que a carta date de 1500 porque estiman que parte da información cartográfica contida nela non fora descuberta aínda naquel ano. O primeiro en formular esta teoría foi George E. Nunn en 1934, que afirmaba que Cuba non foi circunnavegada até 1509 e que por iso de la Cosa non podía saber que era unha illa, que é como correctamente se mostra no mapa. Os seus argumentos foron rebatidos, mostrándose por exemplo que Pietro Mártir xa escribira en 1501 que "moitos afirman ter navegado arredor de Cuba". Outros autores apuntaron que na carta non figuran moitos dos acontecementos posteriores a 1500, como por exemplo a terceira viaxe do propio de la Cosa ao Novo Mundo (1501-1502), que descubriu o golfo de Urabá e a costa do Darién.
Outra teoría, máis amplamente aceptada, afirma que o mapa que se conserva é unha copia do orixinal preparado por de la Cosa. Un indicio a favor desta teoría é o feito de que moitos topónimos son ilexibles, como se o copista non tivera sido capaz de descifrar a letra do autor orixinal. O historiador Hugo O'Donnell foi máis lonxe, opinando que o traballo de Juan de la Cosa limitouse a un esbozo que logo foi completado e enriquecido por algún outro cartógrafo.
Por outro lado, en 1987, o Gabinete de Documentación Técnica do Museo do Prado amosou mediante diversas análises que os pigmentos da carta eran compatibles cunha realización en 1500. Non se apreciaron signos de repinte posterior.
Desaparición e descubrimento Non existe constancia documental directa da carta pero sábese que Juan de la Cosa presentou dúas "cartas de marear de las Yndias" aos Reis Católicos en Segovia en 1503. Unha delas puido ser o seu mapamundi de 1500 ou quizais unha versión posterior do mesmo, actualizada cos descubrimentos das expedicións máis recentes.Manzano Manzano, tomo 1, páx. 505 Os dous mapas deberon pasar despois a poder do bispo Fonseca, en cuxo despacho os puido contemplar Pedro Mártir, segundo conta nun escrito datado en 1514:Manzano Manzano, tomo 1, páxs. 335-336
A pista do mapa pérdese totalmente até que, en 1832, o barón de Walckenaer llo mercou a un comerciante de París e llo mostrou despois a varios amigos seus, entre os que se encontraba o erudito alemán Alexander von Humboldt, que foi o primeiro que o deu a coñecer. O español Ramón de la Sagra publicou en 1837 a parte occidental da carta e en 1842 o vizconde de Santarém reproduciu a parte dedicada a África. Ao morrer o barón de Walckenaer en 1852, a súa biblioteca saíu a poxa. De la Sagra alertou ao Ministerio de Mariña español, que poxou pola carta e logrou adquirila por 4.321 francos da época.
Localización actual Desde 1853 a carta exponse na Sala de Descubrimentos do Museo Naval de Madrid. A Carta realizou moi poucas saídas do Museo. A máis dramática ocorreu en novembro de 1936, en plena Guerra Civil, cando foi evacuada a Valencia para salvala das tropas nacionais que avanzaban sobre Madrid.
A Carta non foi restaurada nunca. Realizáronse varias edicións facsímiles, a primeira en 1892 e a máis recente en 1992.
Historiografía A publicación de obras sobre o mapa de de la Cosa concentrouse en tres momentos históricos: Anos 1830, cando se atopa e se dá a coñecer ao mundo científico grazas a Humboldt, La Sagra e o vizconde de Santarém, entre outros; Finais do século XIX, con motivo do IV Centenario do Descubrimento de América. Destaca o estudo realizado por A. Vascano, que acompañaba á primeira edición facsímile da carta. Finais do século XX, con motivo do V Centenario do mesmo acontecemento.
Territorios representados O mapa amosa, de oeste a leste: o continente americano e as súas illas adxacentes; o océano Atlántico cos seus arquipélagos principais; Europa, o Mediterráneo e África; o continente asiático e o océano Índico. Aínda que se lle chama "mapamundi" á carta de Juan de la Cosa, non o é nun sentido estrito porque a súa representación de Asia acaba na península da India, omitindo a China e o Xapón. Tampouco aparecen o océano Pacífico nin as rexións antárticas.
Centroamérica e Antillas miniatura|As Antillas Maiores no mapa de Juan de la Cosa. A frecha vermella (engadida) indica a illa de Guanahani. O trazado do mapa é claro e detallado na zona das Antillas, que aparecen representadas cada unha co seu nome. Entre o grupo de illas Bahamas debuxado por De la Cosa con gran precisión atópase a illa de Guanahani, que curiosamente non recibe ningún tratamento gráfico especial nin texto particular a pesar de ser a primeira terra "das Indias" que Colón afirma ter avistado na súa primeira viaxe.
Cuba aparece baixo esa apelación, derivada da palabra indíxena Cubanacán, e non co nome de Juana que lle dera Colón. A súa imaxe é bastante exacta: alongada, con numerosas baías, estrangulada en dous puntos e cun extremo occidental curvado que forma un amplo golfo cheo de pequenas illas. O autor do mapa represéntaa correctamente como illa, a pesar de que en xuño de 1494 Colón fixera xurar a todos os que o acompañaban na súa segunda viaxe, entre os que se encontraba De la Cosa, que Cuba non era unha illa, senón unha península do continente asiático. Algúns autores dubidan que De la Cosa puidese coñecer o feito da insularidade de Cuba en 1500, o cal implicaría que o mapa debeu elaborarse máis tarde, mais outros historiadores afirman que para 1500 varias expedicións castelás xa circunnavegaran a illa.
Contrariamente ás Antillas, a costa continental veciña está debuxada de maneira imprecisa, faltando as penínsulas de Florida e o Iucatán, o golfo de México e en xeral toda América Central, en cuxo lugar figura unha gran cartela coa imaxe de San Cristovo. Crese que De la Cosa puido ter tapado a posta con este recadro a zona centroamericana para evitar debuxar unha liña de costa continua entre Norteamérica e Suramérica, a cal negaría a existencia do paso marítimo cara ás illas das Especias que Colón e outros afirmaban existía alí.Verlinden, páx.146
Suramérica miniatura|Detalle do extremo oriental de Suramérica. O mapa mostra a costa suramericana adornada con bandeiras castelás desde o cabo da Vela (na actual Colombia) até o extremo oriental do continente. Alí figura un texto que di "Este cavo se descubrio en año de mily IIII X C IX por Castilla syendo descubridor vicentians" ("Este cabo descubriuse en 1499 por Castela sendo o descubridor Vicente Yáñez") e que moi probablemente se refire á chegada de Vicente Yáñez Pinzón a finais de xaneiro de 1500 á punta oriental de Suramérica, á que chamou cabo de Santa María da Consolación.