Felgueiras é unha cidade situada no Distrito do Porto, Rexión Norte e subrexión de Támega (Portugal). A capital do concello conta cuns 15.525 habitantes, dentro da freguesía de Margaride. É sede dun concello cunha extensión de 115,74 km² e 58.065 habitantes (2011), subdividido en 32 freguesías. O concello limita ao norte co concello de Fafe, ao nordeste co de Celorico de Basto, ao sueste co de Amarante, ao suroeste co de Lousada e ao noroeste cos de Vizela e Guimarães.

Existem dúas cidades no concello: Felgueiras e Lixa.

Demografía Poboación do concello de Felgueiras (1801 – 2011) 1801 1849 1900 1930 1960 1981 1991 2001 2011 11 413 15 614 22 973 25 424 38 895 48 015 51 248 57 595 58 065

Freguesías O concello de Felgueiras está formado polas seguintes 32 freguesías:

Aião Airães Borba de Godim Caramos Friande Idães Jugueiros Lagares Lordelo Macieira da Lixa Margaride Moure Pedreira Penacova Pinheiro Pombeiro da Ribavizela Rande Refontoura Regilde Revinhade Santão São Jorge de Vizela Sendim Sernande Sousa Torrados Unhão Várzea Varziela Vila Cova da Lixa Vila Fria Vila Verde

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lixa

Ligazóns externas Sitio web da Cámara Municipal de Felgueiras

Categoría:Cidades de Portugal Categoría:Concellos do distrito do Porto