A novena onda (en ) é unha das obras máis famosas do pintor ruso de orixe armenia Iván Aivazovsky, que foi realizada en 1850.
Descrición Representa un mar despois da tormenta na noite e uns náufragos (sete) tratando de salvarse agarrados aos restos dun barco afundido. O nome fai alusión á tradición mariñeira que atribuía á novena onda da tempestade o efecto máis destrutivo.
A pintura ten tons cálidos nos que o mar parece non ser tan ameazante e lle dá unha oportunidade á xente para sobrevivir.
Aivazovski caracterízase polas súas pinturas sobre temas mariños e navais, cos ingredientes comúns da luz, a forza das ondas e a espectacularidade do mar con todo o seu realismo pero tamén co espírito romántico propio do século XIX.
Notas
Categoría:Obras pictóricas de 1850