Nine Lives é un filme estadounidense dirixido por Rodrigo García que se estreou no 2005.

Sinopse Sandra (Elpida Carrillo) está no cárcere e desexa desesperadamente ver á súa filla que foi a visitala. Diana (Robin Wright) enfróntase de súpeto cunha relación do pasado (Jason Isaacs), cando xa está embarazada do seu novo marido. Holly (Lisa Gay Hamilton) non se sente capaz de seguir vivindo mentres o seu padrasto non recoñeza o dano que lle causou. Sonia (Holly Hunter) e o seu marido revelan un íntimo segredo ós seus amigos máis achegados. A adolescente Samantha (Amanda Seyfreid) está atrapada no medio da destrutiva relación dos seus pais. Lorna (Amy Brenneman) intenta reconfortar ó seu exmarido tralo suicidio da súa muller. Ruth (Sissy Spacek), a nai de Samantha, ten unha cita extra conxugal nun motel. Camille (Kathy Baker) amósase moi asustada ante unha intervención cirúrxica. A pesar dos anos transcorridos, Maggie (Glenn Close) aínda non puido superar a morte da súa filla María (Dakota Fanning).

Personaxes As nove mulleres Elpidia Carrillo como Sandra Robin Wright como Diana Lisa Gay Hamilton como Holly Holly Hunter como Sonia Amanda Seyfried como Samantha Amy Brenneman como Lorna Sissy Spacek como Ruth Kathy Baker como Camille Glenn Close como Maggie

Outros personaxes K Callan como Marisa Stephen Dillane como Martin Dakota Fanning como Maria William Fichtner como Andrew Jason Isaacs como Damian Joe Mantegna como Richard Ian McShane como Larry Molly Parker como Lisa Mary Kay Place como Alma Wyatt Sydney Tamiia Poitier como Vanessa Lawrence Pressman como Roman Aidan Quinn como Henry Miguel Sandoval como Ron Shawayna Phillips como Elizabeth

Galardóns e nomeamentos 2005: Festival de Locarno: Mellor filme.

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity

Categoría:Filmes de 2005 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua de sinais americana Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América