Pablo Pardo Yáñez, nado en Lugo o 9 de febreiro de 1945, é un político galego.

Traxectoria Estudou Bacharelato e Bacharelato Comercial en Lugo e Bacharelato Laboral en Xixón. Fixo tamén estudos de aparellador en Madrid e de Matemáticas. Foi profesor no Instituto Nacional Feminino de Ensinanza Media de Lugo. En 1974 fundou en Lugo con Jesús Vilela o Partido Socialista Popular, do que foi dous anos Secretario de Organización en Lugo. Posteriormente foi Secretario de Organización do PSP de Galicia e Secretario Xeral do PSP de Galicia. Despois da unidade socialista foi Secretario de Política Municipal de Lugo e membro do Comité Nacional Galego do Partido dos Socialista de Galicia-PSOE. Foi elixido deputado do Congreso polo PSOE pola provincia de Lugo na I e II lexislaturas (1979-1986).

Véxase tamén Outros artigos Lista de deputados galegos no Congreso desde a Transición Ligazóns externas Ficha no Congreso dos Deputados

Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia de Lugo Categoría:Deputados do Congreso dos Deputados polo PSOE Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1945 Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (I Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (II Lexislatura) Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes