Rafael Luis Fernández Álvarez, nado en Oviedo o 17 de setembro de 1913 e finado no mesmo lugar o 18 de decembro de 2010, foi un dirixente político asturiano, o primeiro presidente do Principado de Asturias.

Biografía

Naceu en Oviedo en 1913. Casou con Purificación Tomás en 1937, filla do dirixente socialista asturiano durante a II República Belarmino Tomás Álvarez. Enviuvou en 1990 e casou en 1996 con Belén Torrecillas San Millán.

Político pertencente á Federación Socialista Asturiana (FSA-PSOE). Durante a guerra civil, xogou un importante papel dentro do bando republicano. Así, como membro do Consello Interprovincial de Asturias e León (logo Consello Soberano), foi Conselleiro de Facenda; anteriormente fora Conselleiro de Xuventude.

Exiliouse en México tras a ocupación de Asturias polas tropas franquistas (setembro-outubro de 1937). Regresou a España en 1977. Foi o presidente, a partir de 1978, do Consello Rexional de Asturias (nome do órgano provisional preautonómico creado para Asturias polo Goberno de Adolfo Suárez) até as eleccións autonómicas de maio de 1983, as primeiras tras a aprobación do Estatuto de Autonomía de Asturias. Por iso, pódese considerar como o primeiro Presidente do Principado de Asturias.

Cargos Desempeñados

Senador polo Principado de Asturias. (1977-2000) Secretario xeral da FSA-PSOE. (1977-1978) Presidente da FSA-PSOE. (1978-2010) Presidente do Consello Rexional de Asturias. (1978-1982) Presidente do Principado de Asturias. (1982-1983)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Presidentes do Principado de Asturias Categoría:Senadores de España Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Nados en Oviedo Categoría:Nados en 1913 Categoría:Finados en 2010