William V. D'Antonio, nado en New Haven o 7 de febreiro de 1926, é un sociólogo estadounidense.
Traxectoria
Estudou en Yale e Winsconsin, doutorándose en socioloxía e antropoloxía na Universidade Estatal de Míchigan, comezando a dar clases de socioloxía nesa universidade, pasando á de Notre Dame (1959-1971), pasando á Universidade de Connecticut entre 1971 e 1982 deixando as clases para asumir o posto de oficial executivo da American Sociological Association, onde se mantivo ata 1991. En 1993 incorporouse á Universidade Católica de América como profesor investigador adxunto. Foi tamén presidente da Sociedade para o Estudo Científico da Relixión (1978-1979), da Sociedade para a Socioloxía da Relixión (1993) e do Instituto Internacional de Socioloxía (1992-1993). Desde 1987 dirixe unha serie de enquisas para o National Catholic Reporter para o coñecemento das actitudes dos católicos estadounidenses.
Obras Power and Democracy in America (1961) Religion, Revolution, and Reform, con Frederick Pike (1964) Influentials in Two Border Cities: A Study in Community Decision-Making, con William H. Form (1965) Sociology: Man in society, con Melvin en Louis DeFleur (manual de socioloxía, 1972) Female and Male con Elaine C. Pierson (1974) Families and Religions, con Joan Aldous (1983) American Catholic Laity in a Changing Church con James D Davidson, Dean R Hoge e Ruth A Wallace(1989) Laity: American and Catholic. Transforming the Churchcon James D. Davidson, Dean R Hoge e Ruth A Wallace (1989) The Catholic Experience of Small Christian Communities con Bernard J Lee e Virgilio P Elizondo (2000) American Catholics - Gender, Generation and Commitment con James D Davidson, Dean R Hoge, Katherine Meyer (2001) American Catholics Today: New Realities of Their Faith and Their Church con Dean R Hoge, Mary Gautier e James Davidson(2007) Voices of the Faithful: Loyal Catholics Striving for Change con Anthony Pogorelc (2007)
Notas
Véxase tamén Outros artigos Arnold Dashefsky
Categoría:Sociólogos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en New Haven, Connecticut Categoría:Alumnos da Universidade Yale Categoría:Profesores da Universidade Católica de América