Kamehameha I, nado en Kapakai en 1758 e finado en Kamakahonu o 8 de maio de 1819, tamén coñecido como Kamehameha o Grande, foi un mandatario hawaiano. Conquistou o arquipélago de Hawai e estableceu formalmente o Reino de Hawai en 1810.

Traxectoria O seu nome completo é Kalani Paiʻea Wohi o Kaleikini Kealiʻikui Kamehameha o ʻIolani i Kaiwikapu kaui Ka Liholiho Kūnuiākea. Mediante a creación de alianzas coas principais potencias coloniais do Pacífico, Kamehameha preservou a independencia de Hawai baixo o seu mandato. A figura de Kamehameha destaca especialmente pola súa vehemente defensa dos valores tradicionais hawaianos e do sistema kapu que rexía as leis e a relixión. Tamén é recordado pola Kānāwai Māmalahoe, unha lei que protexía os dereitos humanos dos non combatentes en tempos de guerra.

No ano 1871, Kamehameha V estableceu por decreto a festividade do Día Kamehameha, na honra ó rei Kamehameha I. Esta festa séguese a celebrar o 11 de xuño tódolos anos. Asemade, erixiuse unha estatua na súa lembranza en Aliʻiōlani Hale, sede do sistema xudicial de Hawai. Existen outras dúas estatuas idénticas en Kohala e no Capitolio dos Estados Unidos.

Árbore xenealóxica

Liña de tempo

Véxase tamén Ligazóns externas Biografía de Kamehameha en Kamehameha Schools Biografía en GoHawaii Janesoceania.com Kamehameha

Categoría:Dinastía Kamehameha Categoría:Nados en 1758 Categoría:Finados en 1819 Categoría:Nados en Hawai